— INSCRICIÓN: Meeting formativo: cultivo do kiwi en Galicia – 25 maio

Agaca
Por Agaca Maio 10, 2021 13:45
  • Este encontro está destinado a persoas con interese en iniciar unha actividade económica en cultivo de kiwi.
  • A formación, gratuíta, impartirase online en horario de 10:00 a 14:00h, o 25 de maio.
  • As persoas interesadas poden inscribirse nesta ligazón.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza, no marco da Rede Esumo, un ciclo de encontros formativos destinados a promover, facilitar e posibilitar o emprendemento de proxectos cooperativos en ámbitos agroalimentarios considerados como oportunidades de negocio.

Neste encontro, con exposicións a cargo de persoal técnico de AGACA e de especialistas no sector, explicaranse as vantaxes e oporunidades de emprender no sector do kiwi en Galicia.

Programa:

10:00h – Presentación de obxectivos e materiais dispoñibles.

10:30h – Habilidades emprendedoras en cooperativismo e proceso de acompañamento a persoas emprendedoras.

11:15 – Presentación da oportunidade de negocio no sector primario: cultivo de kiwi en Galicia.

12:00h – Experiencias productivas, comentarios e aclaracións, a cargo de Martín Fernández, especialista en cultivo de kiwi.

12:45h – Clases de cooperativas e principais axudas públicas de interese.

13:30h – Quenda de preguntas e suxestións

14:00h – Peche do Meeting.

Aquí pode consultar/descargar o programa completo en PDF.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.


10/05/2021

Agaca
Por Agaca Maio 10, 2021 13:45
Escriba un comentario

3 Comentarios

  1. José Maio 22, 03:14

    Hola.

    Soy José Mallo, estoy interesado en acudir al meeting de formación para el cultivo de kiwi en Galicia.
    Tengo disponibilidad para acudir en fecha y hora a la cita de dicho meeting.

    Un Saludo José.

    Responder a este comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<