- O 21 de febreiro comeza o taller gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)”, orientado a persoas involucradas ou interesadas na xestión destas superficies.
- Será en A Casa do Mercado: Avda. Marqués de Valterra, nº 103 – Lourizán (Pontevedra).
Ten lugar en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal. Será impartido por especialistas nas distintas materias e o público terá a posibilidade de consultar dúbidas.
Para inscribirse é necesario completar o formulario nesta ligazón.
É posible descargar o programa completo en Documentación 1.
Iniciativas innovadoras no eido rural na valorización dos montes veciñais en man común: — “O Dourado Verde”: a resinación de piñeierais. — O cultivo de olivas nos montes comunais. — A eficiencia enerxética. — Crianza e comercialización de porco celta. — O cultivo da castaña. RELATOR: Higinio Mougán, director-xerente de AGACA. |
Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes: — Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos. — Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías. — Libros das comunidades: censo, actas e contas. — Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes. — Estatutos e normas internas. Réxime electoral. RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U. |
Fiscalidade das comunidades de montes: — Bonificacións fiscais das comunidades de montes. — Exención de IBI do monte veciñal en man común. — Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas. — Tributación no Imposto sobre Sociedades. — Catastro: procedementos de alteración e regularización. RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U. |
Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común: — Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación. — Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflitos con outras comunidades e con particulares. — Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes. — Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos etc. — Plans e instrumentos de ordenación. RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U.
Instrumentos de ordenación ou xestión forestal. O artigo 77 da Lei 77/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar. — Proxecto de ordenación forestal. — Documento compartido de xestión forestal. — Documento simple de xestión forestal. — Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos. — Tramitación dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal. — Axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes ordenados. — Mercado transfronteirizo de Intercambio de Carbono. RELATOR: Enxeñeiro Técnico Forestal / Enxeñeiro de Montes. |
[button link=”https://agaca.coop/texto-formulario-inscripcion/?curso=— Del 21 al 25 de febrero: “Gobernanza cooperativa en las Comunidades de Montes Vecinales” – Lourizán” icon=”🎓” target=”” color=”0000ff” textcolor=”ffffff”]Inscríbete[/button]
Esta actividade está enmarcada no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.