• O obradoiro gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais” terá lugar mediante unha plataforma de formación con acceso 24horas, entre o 28 de febreiro e o 1 de abril.
• A inscrición realízase completando o formulario nesta ligazón.
O 28 de febreiro comeza a sétima edición dun obradoiro de teleformación titulado “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais” que termina o 18 de febreiro.
Impartirase a través dunha plataforma online de formación e eo alumnado poede acceder aos contidos en calquera momento, ata completar as tres unidades temáticas: Cooperativismo no sector primario, Certificacións de calidad (ISO, GLOBALG.A. P., BRC/IFS e vacún de leite) e Certificacións de calidade ambientais (ISO, análise de ciclo de vida e pegadas de carbono e hídrica). A duración estimada é de 70 horas.
Trátase da sétima edición deste curso, no que teñen participado máis de 150 estudiantes.
Descargar programa completo en formato PDF.
Esta actividade enmárcase n programación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.