FEADER2020/020A: Localización de explotacións

– Título: FEADER 2020/020A, “Sistema de axuda á decisión para a localización de novas explotacións agrarias.

– Data de desenvolvemento: 13/03/2020 — 30/06/2022

– Socios que interveñen: Entidade Beneficiaria: Agaca; Entidades Colaboradoras: Universidad de Santiago de Compostela

– Obxectivo: O obxectivo fundamental do proxecto é a creación e posta a disposición de agricultores/as e gandeiros/as dunha ferramenta TIC de acceso público e gratuíto que, empregando criterios científico-técnicos e legais, permita determinar as localizacións dos terreos máis axeitados para unha explotación dun determinado sector produtivo.

Debido ao amplo rango de requirimentos normativos e técnicos específicos dos distintos sectores, este obxectivo xeral desagrégase en:

– Estudo e definición das variables e capas de información territorial dispoñibles en bases de datos públicas máis relevantes para a localización de explotacións agrarias.

– Deseño e implementación dunha ferramenta TIC para dispositivos móbiles e de escritorio que incorpore un sistema de axuda a decisión para a localización de novas explotacións: SixTuaTe

– Validación da ferramenta deseñada mediante a análise da viabilidade dos resultados por parte de agricultores, membros e técnicos de cooperativas representativos dos distintos sectores.

Cara á obtención duns resultados contrastables e á análise da súa viabilidade a través dun proxecto piloto, acóutanse os obxectivos tendo en conta os sectores onde se detecta unha aplicación práctica máis inmediata ou urxente e as comarcas onde os resultados poden ser máis útiles. Así, os obxectivos específicos son:

– Detección de localizacións óptimas para o sector do viño nas comarcas de Ribeiro, Ulla e Valdeorras.

– Detección de localizacións óptimas para o sector da horta nas comarcas de O Salnés e Mariña Luguesa.

– Detección de localizacións óptimas para o cultivo do kiwi nas comarcas de Terra de Montes e Ferrolterra.

– Detección de localizacións óptimas para o sector porcino intensivo no concello de Rodeiro.

Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) mediante o programa de axudas para proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.

Descargar folleto pdf

Máis información na nosa revista:

O 29 de marzo do 2023, durante o III Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario que se celebrou no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, o responsable de área de Calidade de AGACA, Sergio García, informou acerca deste proxecto nun acto ao que acudiu o conselleiro do Medio Rural, José González.

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo