• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Jóvenes ganaderas y ganaderos de Irlanda visitan Galicia para conocer el modelo cooperativo agroalimentario gallego

10 de Outubro de 2025
en Novidades
Jóvenes ganaderas y ganaderos de Irlanda visitan Galicia para conocer el modelo cooperativo agroalimentario gallego
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Un grupo de mozas e mozos gandeiros da Irish Co-operative Organisation Society (ICOS) estivo en Galicia para coñecer o funcionamento das cooperativas agroalimentarias e as políticas de relevo xeracional no sector.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) actuou como entidade anfitrioa e colaborou co grupo na organización das visitas técnicas.
  • Durante dúas xornadas, as persoas participantes visitaron centros de investigación, cooperativas e explotacións gandeiras representativas do modelo galego.

Un grupo de mozas e mozos gandeiros procedentes de Irlanda, integrantes da Irish Co-operative Organisation Society (ICOS), visitaron Galicia os días 9 e 10 de outubro para coñecer de primeira man o funcionamento do cooperativismo agroalimentario galego, a través de exemplos de boas prácticas nos sectores lácteo e cárnico, así como de experiencias cooperativas de éxito e proxectos de investigación de referencia.

A visita forma parte dun programa formativo impulsado por ICOS, dirixido á mocidade do sector agrario co obxectivo de fomentar a súa implicación nas cooperativas e promover a participación xuvenil e feminina nos seus órganos de goberno.

O grupo estivo composto por cinco mozas e mozos gandeiros procedentes de distintas zonas rurais de Irlanda, vinculados a cooperativas lácteas asociadas a ICOS como Aurivo, Dairygold, Lakeland Dairies, Tirlán e Kerry Agribusiness, xunto con dúas persoas representantes da entidade cooperativa irlandesa. O programa combina formación teórica en Irlanda con visitas a outros países europeos, onde se abordan cuestións como o relevo xeracional, a igualdade de xénero, a participación cooperativa e a innovación nas explotacións agrarias.

Programa da visita

Onte xoves, 9 de outubro, o grupo visitou o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), onde foron recibidos polo investigador César Resch Zafra, que lles explicou as principais liñas de traballo en innovación agraria, sostibilidade e mellora xenética do gando.

Tamén coñeceron a labor do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), da man do seu director-xerente Roberto Lorenzana Fernández, quen lles presentou o papel do laboratorio no control da calidade do leite e na trazabilidade do sector lácteo galego.

Pola tarde, a delegación desprazouse a Boimorto (A Coruña) para visitar a explotación láctea UGASMA S.L., xestionada pola gandeira Laura Seoane Novo, exemplo de relevo xeracional e emprendemento feminino no medio rural galego.

Hoxe venres10 de outubro, o grupo trasladouse á cooperativa AIRA, S. Coop. Galega, en Taboada (Lugo), onde foron recibidos polo director xeral, Cándido Cancelo Cabanas, e polo responsable de Suministros e Servizos Agro, José Enrique Otero Díaz, quen lles explicaron o modelo de integración cooperativa e os servizos que AIRA presta ás súas persoas socias.

Durante a visita, Loli Couso, responsable de Formación en AGACA, ofreceu unha exposición sobre as estratexias de relevo xeracional no cooperativismo galego e español, un dos temas de maior interese para o grupo irlandés.

A continuación, realizouse unha visita á gandería Novoa S.C., acompañados polo gandeiro David Novoa e polo veterinario de AIRA Javier Campos, para coñecer a xestión técnica e económica dunha explotación familiar galega.

A última parada tivo lugar na sede da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, en Santiago de Compostela, onde foron recibidos polo director técnico, Antonio Xende Barbeito, e polo director-xerente de AGACA, Higinio Mougán Bouzón, quen lles explicaron o sistema de control integral e trazabilidade desta carne de calidade diferenciada, así como o papel do cooperativismo no seu desenvolvemento.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.