iCOOPERA presenta unha xornada sobre RedesIntercooperación: “As TIC na educación: e, agora, que?”
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria potencia esta Rede de Intercooperación sobre as TIC nas cooperativas de ensino, enmarcada no programa iCOOPERA.
- Tivo lugar o 11 de febreiro no Colexio Possumus, de Vigo, e contou coa participación de expertos en manexo de TIC no ensino.
12/02/2016
A xornada, que reuniu a un grupo de docentes de diversos cursos de educación obrigatoria, vertebrouse en torno á idea do valor das TIC como axuda para difundir e reforzar os coñecementos do alumnado.
As personas asistentes á xornada puideron escpitar as intervencións de especialistas en implantación de novas tecnoloxías nas aulas e pensamento computacional, aprendizaxe por proxectos, propiedade intelectual de contidos e programas así como de métodos para garantir a seguridade das persoas menores de idade no ámbito dixital.
Tras as charlas, houbo un tempo dedicado á análisis e debate das necesidades e oportunidades das cooperativas de ensino no que respecta ás TIC, co obxectivo de lograr o establecimento de sinerxías e redes de colaboración encamiñadas a optimizar o traballo e resolver problemáticas comúns.
Redes de Intercooperación iCOOPERA
As Redes de Intercooperación son conxuntos de cooperativas que traballan conxuntamente, transmitindo coñecementos, intercambiando servizos etc. para obter resultados compartidos e beneficiosos para todos os participantes. Isto permite un fortalecemento e enriquecemento do tecido cooperativo e a economía social.
Esta xornada “As TIC na educación: e, agora, que?” celebrouse no marco das Redes de Intercooperación do proxecto iCOOPERA (Programa de promoción do cooperativismo mediante o impulso da I+D+i e a utilización das TIC, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria).