- Hoxe, 23 xaneiro de xaneiro de 2019, celébrase na sede de Copa- Cogeca en Bruxelas o evento final de clausura do proxecto EuroDairy.
EuroDairy desenvolve unha sólida rede para aumentar a sustentabilidade económica, social e ambiental.da gandería leiteira en Europa, nun momento de desafío sen precedentes para o sector. Co fin de levalo a cabo, EuroDairy estivo sementando e recollendo interconexións frutíferas en toda Europa:
- Acelerar: a aceptación das mellores prácticas mediante o intercambio de coñecementos sobre catro temas prioritarios (eficiencia de recursos, biodiversidade, coidado animal e resiliencia socioeconómica).
- Capturar: estimular novas prácticas innovadoras para proporcionar solucións ou superar barreiras á implementación.
- Sintetizar: o coñecemento científico e baseado na práctica, creando formatos e materiais de formación fáciles de usar. Difundir esta información amplamente aos produtores leiteiros europeos.
- Compilar: ideas dos usuarios finais para futuras investigacións baseadas na innovación, e comunicalas de novo á rede EIP- AGRI.
Vinte socios en 14 países, desde Irlanda ata Eslovenia e desde Finlandia a Italia, dan vida a EuroDairy a través dun total de 120 agricultores innovadores, 40 grupos opertios e 15 centros de formación en Europa que participan na rede.
Para coñecer en profundidade o proxecto, aquí van algunhas opcións:
– Durante tres anos, difundíronse as novidades desenvoltas ao amparo do proxecto. Desde a nosa web publicamos moitas destas actualizacións.
– Mapa de localización de puntos de desenvolvemento do proxecto: https://eurodairy.eu/locations/
– Páxina web: www.eurodairy.eu
-Vídeo:
[ot-video type=”youtube” url=”https://youtu.be/Ws4 CtEtHTM8″]
O proxecto finaliza. Chegou o momento de espremer e celebrar a rede durante un Evento Final.
23/01/2019