Granja Intelixente: produtividade e eficiencia agropecuaria no curso gratuíto de EDIH DATAlife e AGACA
O vindeiro 7 de novembro comeza o curso “Granja Intelixente: produtividade e eficiencia agropecuaria”, unha formación gratuíta organizada por EDIH DATAlife en colaboración coa Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).
O programa desenvolverase os días 7, 14 e 21 de novembro, cunha primeira sesión presencial nas instalacións de AGACA en Santiago de Compostela e dúas sesións posteriores en formato híbrido (presencial ou en liña).
Os sensores IoT permiten recoller datos en tempo real sobre a saúde e comportamento do gando, así como sobre as condicións ambientais, ofrecendo información valiosa para tomar decisións máis informadas e optimizar a xestión das explotacións.
Contidos do curso “Granja Intelixente”
A formación será impartida por José Carlos López Ardao, Profesor Titular da Universidade de Vigo (UVigo) e investigador en atlanTTic, e estrutúrase en cinco módulos prácticos:
-
Introdución ao IoT agropecuario: conceptos básicos, vantaxes e oportunidades no sector.
-
Dispositivos e tecnoloxías de rede: sensores, LoRaWAN e outras solucións de comunicación adaptadas ao medio rural.
-
Solucións IoT aplicadas á gandaría e á agricultura: monitorización da saúde animal, produtividade forraxeira e alimentación intelixente.
-
Análise de datos e tecnoloxías avanzadas: uso de intelixencia artificial, machine learning e xemelgos dixitais na xestión agropecuaria.
-
Casos de éxito e oportunidades en Galicia: implantación práctica, custos, retorno do investimento e papel dos Digital Innovation Hubs (DIH).
Cada sesión combinará teoría, exemplos reais, demostracións prácticas e debates participativos. Ademais, o alumnado terá acceso a recursos en liña, guías técnicas e materiais complementarios para configurar dispositivos, plataformas IoT e consultar proxectos de referencia.
📅 Datas e horarios:
-
Venres 7 de novembro: 10:00–14:30 (presencial)
-
Venres 14 e 21 de novembro: 10:00–13:30 (formato híbrido)




