Os certificados de profesionalidade, regulados polo Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, o Real Decreto 1675/2010, de 10 de decembro, e o Real Decreto 62/2022, de 25 de xaneiro, enmárcanse dentro do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional, polo que son recoñecidos polo Ministerio de Educación mediante a convalidación de módulos correspondentes aos títulos de Formación Profesional.
Acreditan o conxunto de competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral identificable no sistema produtivo.
Teñen carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Son expedidos polo SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) e as Comunidades Autónomas.
Posuír un certificado de profesionalidade completa un currículo profesional; ao ser un documento oficial que pode ser valorado en calquera proceso de selección convocado polas Administracións Públicas ou a empresa privada. Para o traballador/a que non ten outra titulación pero si coñecementos e experiencia profesional, pode abrirlle a porta do mercado laboral.
Os certificados de profesionalidade constan de tres niveis de cualificación profesional, sendo 1 o máis básico e 3 o máis complexo.
Se queres saber que cursos imparte AGACA gratuítamente, podes chamar para informarte:
Departamento de Formación: Loli Couso 609 070 135 | Berta Pérez 621 152 722
![]()




Deixa unha resposta