- Esta mañá estudantes del CFEA de Lourizán participaron nunha xornada didáctica sobre cooperativismo na cooperativa Milhulloa (Palas de Rei).
- A actividade forma parte da Rede Eusumo para impulsar o cooperativismo e a economía social.
Rede Eusumo e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) desenvolveron esta mañá un obradoiro de “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito” na cooperativa Milhulloa. Participaron 40 estudiantes do pontevedrés Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán.
O obxectivo é dar a coñecer o cooperativismo entre o estudantado, para que o teñan en consideración ao finalizar os seus estudos. Para iso, personal de Milhulloa guiounos polas instalacións da cooperativa e explicoulles o proceso de cultivo, de preparación, de secado e de envasado das súas especias e herbas medicinais e a elaboración de cosméticos, así como as fases que pasou a cooperativa no seu camiño cara a constituírse como un negocio rendible.
Rede Eusumo
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.