- Estudantes de primaria do colexio ourensán Mariñamansa participaron hoxe no programa “Almorz@ con Beizos Brancos”.
- A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” organizaron a actividade, onde o alumnado aprendeu sobre como almorzar saudablemente e sobre o sector lácteo e tomou un almorzo.
Un grupo de escolares de segundo ciclo de Primaria do CEIP Mariñamansa (Ourense) participou esta mañá en “Almorz@ con Beizos Brancos”, para aprender sobre alimentación sa.
A nutricionista María Fernández explicou la necesidade de almorzar diariamente de forma nutritiva e suxeriu froitas de tempada, lácteos e algún hidrato de carbono. Desaconsellou os produtos industriais con exceso de graxas e azúcres que non achegan beneficios á saúde.
Como exemplo, os escolares tomaron leite enteiro, pan galego con aceite e mandarinas.
Para facilitar a implantación do hábito do almorzo san nos fogares entregouse material divulgativo cos valores nutricionais de varios alimentos e algunhas combinaciós sas e fáciles de preparar.
Ademais, nun xogo en grupo, nenos e nenas colorearon e ordenaron fichas cos diferentes pasos que segue o leche dende a granxa ata que está lista para o seu consumo. Deste modo, aproveitouse para pór en valor a importancia socioeconómica do sector lácteo.
Compromiso social
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” organizan “Almorz@ con Beizos Brancos” dende 2015. En total, repartíronse xa máis de 1800 almorzos.
Forma parte dun “Plan de acciones socais en favor de infancia, xuventude, muller e maiores 2017-2018”.
05/12/2017