- Alumnado do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal ce Guísamo participou esta mañá nunha charla formativa e percorreu as instalacións da Fundación Terra de Trasancos (Narón).
- A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.
Esta mañá, na Fundación Terra de Trasancos (Narón), corenta estudantes de formación profesional dos ciclos de Xardinaría de Floraría e de Paisaxismo e Medio Rural do CFEA de Guísamo recibiron formación acerca das calidades que fan das cooperativas un modelo de negocio sustentable e estable no medio rural
Entre as características positivas describiuse a toma democrática de decisións e o reparto equitativo de beneficios.
Persoal da entidade mostroulles as instalacións e o funcionamento de Terra de Trasancos, que desarrolla actividades en varias áreas, entre elas invernadoiro agrícola, supermercado e perruquería.
Rede Eusumo
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social..