Esta mañá celebrouse online a reunión de lanzamento do proxecto SMP-COSME-2021-RESILIENCE-SEM “eLabHauSE.rur. Laboratorios de economía social para a nova Bauhaus nas comunidades rurais europeas”.
Obxectivos do proxecto:
eLabHauSE.rur pretende crear unha rede de laboratorios de economía social na Europa rural para o intercambio de información, coñecementos, experiencias e a promoción de iniciativas empresariais innovadoras e creativas, baseadas nas oportunidades que ofrece a Nova Bauhaus Europea e coa participación de todos os axentes públicos e privados das comunidades rurais europeas, incluídos os cidadáns.
Deste xeito, o proxecto traballará o fortalecemento da resiliencia e o aumento da capacidade das administracións públicas locais, as PEME de economía social e sociedade nos territorios rurais europeos para superar as dificultades e as crises, e abordará directamente a prioridade de Transformación Social a través da Nova Bauhaus Europea.A Nova Bauhaus Europea introduce unha dimensión cultural e creativa no Pacto Verde Europeo co fin de crear lugares, produtos e modos de vida belos, sostibles e inclusivos. Promove unha unha nova forma de vida, na que a sustentabilidade se une ao estilo, acelerando así a transición ecolóxica en varios sectores da nosa economía, como a construción, o mobiliario ou a moda, e nas nosas sociedades, así como noutros aspectos da nosa vida cotiá. O obxectivo é dar a todos o cidadáns acceso a bens circulares e menos intensivos en carbono que apoian a rexeneración da natureza e protexen a biodiversidade.
A Nova Bauhaus Europea introduce unha dimensión cultural e creativa no Pacto Verde Europeo co fin de crear lugares, produtos e modos de vida belos, sostibles e inclusivos. Promove unha unha nova forma de vida, na que a sustentabilidade se une ao estilo, acelerando así a transición ecolóxica en varios sectores da nosa economía, como a construción, o mobiliario ou a moda, e nas nosas sociedades, así como noutros aspectos da nosa vida cotiá. O obxectivo é dar a todos o cidadáns acceso a bens circulares e menos intensivos en carbono que apoian a rexeneración da natureza e protexen a biodiversidade.
Consorcio:
• 2 Concello de Vedra – España
• 3 MEATH COUNTY COUNCIL -Irlanda
• 4 COMUNE DI CAPANNORI -Italia
• 5 Limeup issc – Italia
• 6 Agencija za ruralni razvoj Zadarske zupanije, AGRRA – Croacia