• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

O 39,9% de viticultores de España está en Galicia

Agaca por Agaca
20 de Marzo de 2024
en Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Galicia é a comunidade autónoma co maior número de viticultores: 219.356 persoas cultivan a vide.
  • O sector vitivinícola representa un 1,4% do PIB galego.
  • Xera emprego, a tempo completo, para 15.900 persoas: o 55,5% son postos de traballo directos.
  • As actividades de viticultura, elaboración e comercialización de viño xeran en torno aos 890 millóns de euros de Valor Engadido Bruto (VEB) ao ano.

 


 

Cunha cifra de 219.356 persoas dedicadas á viticultura, Galicia suma o 39,9% de viticultores de España, segundo o estudo La importancia económica y social del sector vitivinícola en Galicia, publicado pola Interprofesional del Vino de España (OIVE).

Galicia conta cun tecido empresarial vitivinícola atomizado, indica o texto, onde o 79% das empresas da mostra tomada en 2019 para o informe son microempresas. En canto á súa forma xurídica, o 7% das empresas son cooperativas.

Con todo, o sector vitivinícola achega un 1,4% do PIB galego e as actividades de viticultura, elaboración e comercialización de viño supoñen uns 890 millóns de euros de Valor Engadido Bruto (VEB) ao ano, dos cales 484 millóns son unha contribución directa do sector, 208 son xerados por outras actividades subministradoras do sector (comercio, enerxía, transporte etc.) e 198 son de efecto inducido.

O estudo apunta á contribución positiva do sector á balanza de pagos, cun superávit comercial superior aos 50 millóns de euros anuais. Os dous principais mercados de destino son Estados Unidos e Reino Unido, que concentran o 43,2% do total exportado.

En canto ao seu impacto social, o sector xera 15.900 empregos a tempo completo (o 55,5% en postos de traballo directos) e hai presenza de vides en 150 concellos de Galicia (un 47,3% do total), cunha superficie aproximada de 33.283 hectáreas, o que indica presenza de minifundismo aínda que pode tamén supoñer un factor de fixación de poboación no medio rural.

Respecto á produción, Galicia achega o 2,3% do viño nacional, con 777.123 hectolitros ao ano que proceden, nun 86,7%, das provincias de Pontevedra e Ourense.

Dende a OIVE afirman que co informe “se pon unha vez máis de manifesto a importancia socioeconómica do sector vitivinícola en España e en cada unha das súas Comunidades Autónomas”.

O documento é parte dunha liña de informes (a nivel nacional e rexional) que poñen de relevo a relevancia do viño no plano económico, social e ambiental. “Desenvolver e consolidar a información relevante do sector é unha das accións contempladas tamén na Estratexia do sector vitivinícola español 2022-2027, unha folla de ruta consensuada por todo o sector para afrontar os retos de futuro”, afirman.

Descargar Informe “La relevancia del sector vitivinícola en Galicia”

Etiquetas: Viño

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.