Divulgación Convenio MAPA-Cooperativas Agro-alimentarias de España Actuacións Apartado 1 (Asistencia Técnica)

PROGRAMA DE ASISTENCIA TÉCNICA 2025

COOPERATIVAS AGRO-ALIMENTARIAS DE ESPAÑA

En virtude do RD 938/2025, de 21 de outubro, de concesión directa de diversas subvencións en materia agroalimentaria e pesqueira previsto polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e do que é entidade beneficiaria Cooperativas Agro-alimentarias de España, por un importe total de 1 071 162,50 €, arrinca o Programa de Actuacións 2025 en materia de Asistencia Técnica, que contempla actividades dentro dos seguintes obxectivos:

1. Fomento da intercooperación para o redimensionamiento, vertebración e integración cooperativa,

2. Fomento da competitividade, eficiencia, modernización e innovación das cooperativas agroalimentarias e os seus produtos,

3. Seguimento e coñecemento do cooperativismo agroalimentario a través do Observatorio Socioeconómico do Cooperativismo Agroalimentario Español (OSCAE).

Estas actuacións son financiadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a través do citado Convenio.

Aquelas cooperativas que teñan interese en participar neste Programa poden solicitar máis información a:

Asociación Galega de Cooperativas Agro-alimentarias-AGACA

R/Tomiño 22-Etslo -15703- Santiago de Compostela

agaca@agaca.coop Tl: 981 584 783 35