• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Destacadas

Abre a inscrición ao Programa CULTIVA de estancias formativas para xóvenes agricultores en explotacións modelo

Agaca por Agaca
19 de Agosto de 2026
en Destacadas, Novidades
Abre la inscripción al Programa CULTIVA de estancias formativas para jóvenes agricultores en explotaciones modelo
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Abre o prazo de inscrición á convocatoria 2026 do Programa CULTIVA. Programa de Estancias Formativas de Novos Agricultores en Explotacións Modelo, que permite a profesionais de agricultura e a gandería menores de 41 realizar estancias de entre 5 e 14 días en explotacións referentes, sen custo.
  • O prazo de inscrición permanece aberto do 19 de agosto ao 15 de setembro, ambos inclusive.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) abriu o prazo de solicitudes do Programa CULTIVA. Programa de Estancias Formativas de Novos Agricultores en Explotacións Modelo, unha iniciativa que ofrece estancias formativas gratuítas en explotacións modelo de toda España.

Diríxese a titulares dunha explotación agraria ou agroalimentaria (peme) menores de 41 anos ou ben a quen tendo 41 anos ou máis se instalase como titular en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2021, con menos de 41 anos.

Esta iniciativa, financiada e desenvolvida polo MAPA, ten por obxectivo a transferencia de coñecemento cara á mocidade profesional da agricultura e a gandería a través da súa participación en breves estadías formativas en explotacións agrarias reais en activo e modélicas desde o punto de vista produtivo, da xestión técnica e económica da empresa, do manexo dos condicionantes ambientais e climáticos ou da incorporación de novas tecnoloxías, entre outros factores.

As temáticas abordadas nas estancias abarcarán as principais necesidades formativas da mocidade agraria dende un enfoque fundamentalmente práctico e orientado a que mozos e mozas adquiran coñecementos que lles sexan útiles na posta en marcha da súa propia explotación agraria.

Adicionalmente, considerando a importancia da transformación dixital nos sectores agrícola e gandeiro e acorde coa Estratexia de Dixitalización do Sector Agroalimentario e Forestal do Medio Rural do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, o uso das tecnoloxías dixitais será unha temática formativa obrigatoria en todas as estancias. Polo seu carácter transversal, os aspectos de planificación e xestión económica e financeira estarán igualmente presentes nos programas formativos de todas as estancias.

Durante as estancias, as actividades de formación práctica na explotación modelo de acollida poderanse complementar con formación presencial impartida pola entidade beneficiaria e visitas técnicas a outros organismos, entidades, asociacións, cooperativas ou outras explotacións agrarias.

O Programa conta coa colaboración doutras entidades representativas do sector, coma Cooperativas Agro-alimentarias de España, que apoia a elección de cooperativas coma entidades onde realizar as estadías. En concreto, neste ano preséntanse 40 explotacións socias de cooperativas onde se pode non só aprender o seu funcionamento senón tamén o da cooperativa na que se integran.

As estancias en explotacións modelo de toda España (pódese elixir tanto de  a propia Comunidade Autónoma da persoa participante como doutras Comunidades) teñen unha duración de entre 5 e 14 días e non teñen custo para quen participe. Os gastos de aloxamento, manutención e transporte durante o tempo que dure a participación están cubertos polo Programa CULTIVA. Ademais, pode optar a unha compensación por gastos de substitución para a atención e xestión da súa explotación por parte dunha terceira persoa.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude dende o 19 de agosto ata o 15 de setembro de 2026, os dous incluídos.

Para cualquera consulta, está habilitado o correo: bzn-jovenes@mapa.es

🔗 Máis información e acceso ao catálogo:
Sede Electrónica      |       Web do Programa no MAPA       |      Catálogo – Buscador de estancias formativas

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.