• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Blog

Crise enerxética e inflación

Editorial Cooperación Galega nº 159. Agosto 2022https://agaca.coop/wp-admin/edit.php

9 de Setembro de 2022
en Blog
Crise enerxética e inflación
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Tras un verán extremadamente cálido, coas billas da auga secas, cultivos esgotados e reducidos, e miles de hectáreas queimadas polo lume, afrontamos un outono e inverno coa enerxía polas nubes e a inflación disparada. Estamos ante unha sociedade europea cansa e moi tocada pola inflación, polo que o fin de ano será crítico. Sen gas, materias primas de alimentación animal, petróleo e carbón ruso o resultado será unha nova recesión na UE, polo que teremos que afrontar un novo período económico de “sangue, suor e lágrimas”, resistir ás incertezas, resistir ao fácil e unirnos como sociedade para pagar o prezo do noso modelo de vida e valores sociais occidentais.

Putin non agardaba encontrarse cunha resistencia civil, política e militar ucraína tan forte, nin imaxinarse a reacción contundente de apoio a Ucraína da Europa democrática, polo que opta por unha estratexia de asedio e destrución para a conquista. Atrás queda o seu proxecto dunha vitoria inapelable, rápida, poñendo a Ucraína e a Europa aos seus pes e mellorando a súa imaxe e influencia internacional.

Estamos ante unha sociedade europea cansa e moi tocada pola inflación, polo que o fin de ano será crítico.

Coa guerra de Ucraína estancada, canto máis dura a guerra, máis posible é o impacto económico das sancións da UE que convenzan a Putin de que continuar con ela é perigoso politicamente para el. O tempo xoga a favor de Ucraína, sempre que conte co apoio dos seus aliados da UE. Porén, sen o apoio de occidente desaparecerá como país. Agora ben, estas sancións da UE teñen un custo moi elevado, e xa hai políticos populistas e oportunistas que consideran que as sancións non serven para nada, senón só para facer sufrir aos pobos da UE.

Estará disposta a sociedade europea e os seus gobernos a deixar nas mans do autócrata ruso o hórreo de Ucraína para que tamén controle gran parte da alimentación do planeta?

Afrontamos un outono e un inverno nos que, segundo as peores previsións, os europeos pasaremos frío, pois Rusia cortará o gas, os prezos dispararanse e os votantes abrazarán posturas populistas. Estamos ameazados pola fatiga ante o impacto económico da guerra e a ausencia dun final no horizonte. A verdade é que non son as sancións o que hoxe nos custa, senón a agresión rusa, pois renunciar a responder á mesma supón pregarnos a unha chantaxe continua de Rusia aos países da UE: hoxe, co gas e co petróleo e mañá, coa seguridade alimentaria.

Os custos do cambio climático (secas, lumes, chuvias torrenciais, inundacións…) afectan brutal- mente aos rendementos económicos no agro e aos estándares de vida, xunto coa inflación que nos castiga. O clima pode ser variable, pero os ditadores dos combustibles fósiles son de pouco fiar e manifestamente perigosos. Na medida do posible en que dispoñamos de maior oferta de enerxía renovable propia deberiamos lograr prezos máis baixos de combustibles, de materias primas de alimentación animal e de seguridade alimentaria.

O clima pode ser variable, pero os ditadores dos combustibles fósiles son de pouco fiar e manifestamente perigosos.

A suba de prezos de preto do 11%, de xullo debe obrigarnos a todos a actuar de inmediato para reducir os custos enerxéticos. Eléctricas, produtoras de gas e petroleiras engrosan os seus beneficios cada vez que facemos un gastos enerxético superfluo.

Dende o sector agroalimentario debemos seguir loitando por actualizar os prezos á alza das produ- cións agrarias e gandeiras acompasando a inflación dos custos de produción. A inflación non vai ser transitoria, polo que obriga a toda a cadea alimentaria a ser solitarios na resposta a esta situación de crise inflacionista á que non estamos acostumados.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.