• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Cooperativas Agro-alimentarias satisfeita co apoio de Luís Planas ás políticas de integración cooperativa

5 de Xullo de 2018
en Novidades
Cooperativas Agro-alimentarias satisfeita co apoio de Luís Planas ás políticas de integración cooperativa
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

NOTA DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España

O consello reitor mantivo a súa primeira reunión co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación

O Consello reitor de Cooperativas Agro-alimentarias de España mantivo onte á tarde unha reunión co Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación Luís Planas. Durante o encontro analizáronse as políticas de apoio ao cooperativismo, as propostas sobre a PAC, a cadea alimentaria e tamén sectoriais de Cooperativas Agro-alimentarias de España.

Con respecto ás políticas de apoio ao cooperativismo, Luís Planas apostou polo seu mantemento e por realizar as modificacións necesarias, tanto na Lei de integración cooperativa, coma no Plan Nacional de Desenvolvemento Rural e nas medidas que xa existen para mellorar a dimensionamento, xestión e eficiencia das cooperativas.

A reforma da PAC foi outro dos puntos tratados na reunión, pois Cooperativas Agro-alimentarias de España ve riscos na proliferación de diferentes sistemas PAC nos Estados membros, que afecten o mercado único. A nova PAC debe deseñar uns instrumentos de xestión de mercados públicos e privados para previr crises, fomentar a concentración e estruturación do sector produtor a través de Organizacións de Produtores (OP) económicas, cuxo modelo máis estendido é a cooperativa agroalimentaria e manter os réximes específicos dos sectores de viño e froitas e hortalizas. Cooperativas Agro-alimentarias de España e as tres OPAs presentarán proximamente ao Ministro o documento conxunto para a defensa da PAC como unha política integradora e impulsora da UE.

Respecto da Lei da Cadea, Ángel Villafranca, presidente de Cooperativas Agro-alimentarias de España, valorou esta Lei, que tivo efectos moi positivos como a creación da AICA, pero á que hai que incorporar algunhas modificacións coma o relativo á venda con perdas. Presentouse ao Ministro a proposta do sector, OPAs e Cooperativas, para introducir a venda con perdas como práctica comercial abusiva e Planas comprometeuse a estudar o tema.

Así mesmo, dende Cooperativas Agro-alimentarias de España trasladouse a Planas a importancia da innovación para incentivar a incorporación de persoas mozas, así como impulsar un papel maior da muller na produción e xestión das cooperativas. Cooperativas Agro-alimentarias de España propuxo entre outras posibles medidas, exencións fiscais, unha menor burocracia e, sobre todo, que estes incentivos non se perdan cando os mozos e mozas se integren en cooperativas, como ocorre na actualidade coas medidas previstas na PAC.

Finalizou a reunión cun repaso polos sectores agrícolas e gandeiros. O ministro Planas mostrouse moi receptivo ás propostas de Cooperativas Agro-alimentarias de España e emprazou aos representantes para analizar máis detalladamente as cuestións sectoriais e transversais, (seguros, política fitosanitaria, sanidade etc.), en reunións e encontros cos directores correspondentes.

 

05/07/2018

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.