• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Cooperativas Agro-alimentarias de España reúnese coa ministra García Tejerina

9 de Decembro de 2016
en Novidades
Cooperativas Agro-alimentarias de España reúnese coa ministra García Tejerina
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

COMUNICADO DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España

  • O 7 de decembro o presidente de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Ángel Villafranca reuniuse coa ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina. Durante o encontro no que tamén participaron Agustín Ferreiro, director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Carlos Cabanas, secretario xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Burgaz, director xeral da Industria Alimentaria e María García, directora de Gabinete, analizáronse a Lei de Integración Cooperativa, A Lei da Cadea, a PAC, os seguros agrarios, a internacionalización e os regadíos, entre outros temas.

20161209_cae_reunion_ministra_7decembroÁngel Villafranca recoñeceu o apoio da Ministra á Lei de Integración Cooperativa, que permitiu o recoñecemento de 3 entidades asociativas prioritarias que agrupan a 283 cooperativas e 107.864 agricultores e gandeiros. O presidente de Cooperativas Agro-alimentarias de España reiterou a necesidade de continuar traballando coas CCAA para avanzar cara a máis medidas de discriminación positiva para o fomento da integración cooperativa.

Respecto da Lei da Cadea Alimentaria, Villafranca valorou o papel fundamental da AICA e trasladou a necesidade de traballar nesta lexislatura na loita contra as prácticas abusivas como a venda a perdas ou a utilización de produtos reclamo.
En canto á PAC desde Cooperativas Agro-alimentarias de España insistiuse en que a futura PAC debe prever medidas estruturais que fomenten a competitividade do sector produtor a través da concentración e organización da produción, incentivar a incorporación de mozos produtores e contar con medidas de xestión de mercados áxiles. Ante a ausencia de ferramentas de xestión de mercados, desde Cooperativas Agro-alimentarias de España insistiuse en seguir explorando as posibilidades de autorregulación sectorial desde as organizacións de produtores (OPs), asociacións de OPs ou Interprofesionais.

Ángel Villafranca destacou o sistema de seguros agrarios español e solicitou que a política de xestión do risco sexa un obxectivo estratéxico dentro do marco orzamentario rexional e estatal.

En canto á internacionalización, Cooperativas Agro-alimentarias de España insistiu en que o resultado de calquera acordo comercial debe ser equilibrado, común para todos os Estados membros, recíproco para as importacións e exportacións e aplicable desde a súa firma e non minusvalorar os intereses dos “sectores mediterrâneos” ou directamente utilizalos como “moeda de cambio”. A Comisión debe adquirir maior protagonismo en materia de apertura de novos mercados e levantamento de barreiras comerciais.

Por último, Ángel Villafranca sinalou que a política da auga, é unha cuestión de estado, que compromete o futuro do sector e deben facerse os máximos esforzos por lograr un gran pacto que estableza as bases da xestión da auga para as próximas décadas.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.