En AGACA queremos poñer en relevo esa calidade única dos produtos cooperativos que, xunto coa súa calidade, son fortes compoñentes de diferenciación coa competencia.
A actividade comercial e o impulso ao márketing dos produtos agroalimentarios resulta hoxe vital para a consolidación da cota de mercado nacional e a apertura e consolidación no mercado exterior. Para conseguir un nicho estable no mercado é imprescindible que as cooperativas invistan en plans de mellora e innovación das súas estratexias comerciais, xa sexa establecendo unha rede comercial forte valéndose das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), xa sexa a través da actualización da súa loxística comercial.
Neste sentido, AGACA quere ser o punto de encontro para impulsar actividades de promoción conxunta que aumenten a rendibilidade e reduzan o risco de investimento á hora de emprender este tipo de actualizacións estratéxicas para a actividade comercial das cooperativas.