AGROSMARTglobal

logoagrosmartglobal

O proxecto AGROSMARTglobal «Espazo para a competitividade, promoción e expansión internacional intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo rural SUDOE» abarca 10 rexións do espazo SUDOE (Galicia, Castilla-La Mancha, País Vasco e La Rioja – ES, Nouvelle-Aquitine – FR e Norte, Algarve, Centro, Lisboa e Alentejo – PT) e pretende paliar as desvantaxes das zonas rurais e favorecer o seu desenvolvemento e cohesión económica, a través da xeración de capacidades e a busca de solucións transnacionais máis eficientes e efectivas para apoiar ás cooperativas agroalimentarias nas súas necesidades específicas cara a mellorar a competitividade mediante a creación e consolidación de redes e servizos de apio á internacionalización.

O proxecto presentouse en Santiago de Compostela o 29 de outubro de 2019. José Montes, presidente de AGACA naquel intre, explica no vídeo por que é beneficioso para as cooperativas.

AGROSMARTglobal é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa Interreg Sudoe 2014-2020 dentro do Eixo prioritario 2: Fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes do Sudoeste europeo.

O seu obxectivo principal é consolidar o espazo para a interconexión, interacción e competitividade das cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE a través do desenvolvemento de procesos, ferramentas e servizos avanzados de apoio que faciliten o posicionamento, a promoción e a expansión internacional intelixente mediante estratexias de márketing dixital que aposten pola cooperación interempresarial.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Apoiar a internacionalización dixital das cooperativas agroalimentarias do SUDOE, aproveitando as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías e a evolución do comercio electrónico a nivel internacional.
  • Favorecer o posicionamento dos produtos agroalimentarios das cooperativas do espazo SUDOE no mercado internacional, apostando polo seu carácter endóxeno e calidade, e protexendo os produtos con Denominación de Orixe (DO), Indicación Xeográfica (IG) e ecolóxicos en Internet.
  • Fortalecer a asociación do tecido cooperativo agroalimentario do SUDOE e  a creación de alianzas con profesionais no mercado destino co obxecto de facilitar a promoción e expansión internacional, a través da cooperación interempresarial e o networking.

ORZAMENTO

O proxecto AGROSMARTglobal ten un orzamento total de 1.598.000,00 €, e está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

DURACIÓN DO PROXECTO

36 meses, dende o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2022.

ACTIVIDADES E RESULTADOS PREVISTOS

1. Análise da capacidade de adaptación e diferenciación das cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE no mercado internacional actual.

Resultados: Identificación de elementos intrínsecos dos produtos agroalimentarios cooperativos do SUDOE e accións para protexer e apoiar as IG e os produtos ecolóxicos das cooperativas en Internet.

Definición de estratexias para a internacionalización dixital deses produtos en dous mercados obxectivo (China e EE. UU.).

Creación dunha rede de traballo transnacional que proporcione información, coñecementos e ideas adaptadas, en beneficio das cooperativas agroalimentarias do SUDOE.

Establecemento de bases para unha marca colectiva de cooperativa agrícola do SUDOE.

Definición de medidas para protexer e promover as IX e as especificacións ecolóxicas nos mercados dixitais.

Aplicación da intelixencia de mercados para definir a mellor estratexia de introducción dos produtos das cooperativas agroalimentarias nos mercados.

2. Creación de servizos de apoio á internacionalización dixital e desenvolvemento de modelos de negocio para a comercialización intelixente.

Resultados: Deseño e implementación de servizos de apoio á internacionalización dixital (consultoría técnica e proxectos piloto) dirixidos ás cooperativas agroalimentarias do SUDOE.

Consolidación e optimización do portal web de AGROSMARTcoop, con novos contidos no AgroLab e a Comunidade Virtual de Intercooperación.

Consolidación e dotación de novos contidos ás ferramentas TIC deseñadas para favorecer o aprendizaxe sobre márketing dixital e internacionalización.

Implementación de servizos de consultoría técnica sobre internacionalización dixital e sobre o acceso aos mercados dixitais internacionais.

Implementación de servizos integrais de internacionalización dixital enfocados a China e EE. UU. a través do marketplace B2B, con identificación de novas oportunidades para as cooperativas agroalimentarias do SUDOE. Neste sentido, hai minisites en Putaojiuwang, Range.me, Alibaba e ImportFood.

3. Accións para impulsar o coñecemento en márketing dixital e promover a intercooperación para a internacionalización intelixente.

Resultados: Deseño e execución dun programa de formación conxunta.

Realización de accións de sensibilización e networking sobre as áreas temáticas do proxecto, e accións conxuntas para a promoción internacional dos produtos agroalimentarios cooperativos e a creación de alianzas estratéxicas.

Deseño dun programa de formación conjunta con formatos innovadores para o sector cooperativo agroalimentario en mercados dixitais internacionais, técnicas de negociación comercial e comunicación dixital.

Creación dun marco favorable para a cooperación interempresarial para fomentar as alianzas estratéxicas globais e proxectos de comercialización intelixente e internacionalización.

Promoción da calidade dos produtos e servizos das cooperativas e o carácter endóxeno dos seus recursos como fonte de diferenciación.

Garantización da continuidade e reproducibilidade das actividades, produtos e resultados do proxecto.

PRODUTOS DO PROXECTO

Beneficiarán principalmente ás cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE e consistirán en:

  • Plan Estratéxico Conxunto para a internacionalización dixital das pequenas e medianas cooperativas agrarias do territorio SUDOE
  • Consultoría técnica para a internacionalización dixital
  • Proxectos piloto de internacionalización dixital
  • Programa conxunto de formación e capacitación en internacionalización dixital
  • Campaña conxunta para a promoción e posicionamento internacional dos produtos das cooperativas agroalimentarias

CARÁCTER INNOVADOR

O principal aspecto innovador está en facer uso de Internet para exportar, a comercialización intelixente. O proxecto introduce a internacionalización dixital das cooperativas do espazo SUDOE; é o primeiro proxecto que tratará de apoiar o perfeccionamento das condicións de internacionalización e posicionamento dos seus produtos a través do uso das novas tecnoloxías, así como abordar a internacionalización dende a cooperación, como recurso clave para implementar mecanismos e servizos avanzados de apoio, e estratexias de comercialización internacional intelixente orientadas cara a mercados como China e os EE. UU.

O PARTENARIADO DE AGROSMARTglobal

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNION DE COOPERATIVAS ASOCIACION GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo