O proxecto Interreg Sudoe AGROSMARTglobal, cuxo obxectivo é apoiar la internacionalización dixital das cooperativas agroalimentarias do sudoeste de Europa (Sudoe), identificou a necesidade de apoiar e reforzar a promoción e protección dos productos agrícolas e agroalimentarios que se benefician dos estándares de calidade europeos en Internet.
Por esta razón asumíu la tarefa de elaborar unha guía de «boas prácticas» para as cooperativas agroalimentarias, os consorcios de IG (Indicacións Xeográficas) e as asociacións de produtores, que tería como obxectivo:
- Mellorar os seus coñecementos sobre como promocionar os produtos que se benefician dos estándares de calidade da UE (DOP, IGP, ETG e agricultura ecolóxica) en Internet, para aproveitar mellor o seu valor engadido nos mercados dixitais internacionais;
- Proporcionarlles ferramentas operativas para protexer as súas Indicacións Xeográficas (IG) en Internet. Ata a data, non existe unha protección sólida das IG no que respecta á asignación de nomes de dominio. A súa protección vese agora amenazada por el nuevo enfoque propuesto por la ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers). A loita contra fraudes en Internet é esencial para protexer os derechos de produtores e consumidores.
Coa fin de elaborar unha guía o máis pertinente posible, necesitamos a súa axuda para identificar as súas necesidades nestes dous ámbitos. Por iso, agradeceríamoslle que nos axudase completando a enquisa elaborada a tal efecto.
A enquisa pode contestarse de dúas formas:
— Online na seguinte: https://survey.irradiare.com/
— En formato Word, que pode descargar a continuación en diferentes idiomas:
ESPAÑOL || FRANCÉS || PORTUGUÉS || INGLÉS || ITALIANO
Para entregar os Words e consultar cuestións relacionadas coa enquisa, a persoa de contacto é Anne Clermontelle, en eu-projects@arepoquality.eu.
Animámolos encarecidamente a participar nesta enquisa, dada a importancia deste tema, e a completala antes do venres 22 de abril, como moi tarde.
AGROSMARTglobal é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa InterregSudoe 2014-2020 dentro do eixe prioritario de fomento da competitividade e a internacionalización das pemes do Sudoeste europeo.
As dez rexións do espazo europeo SUDOE que abarca este proxecto son: en España: Galicia, Castilla-La Mancha, País Vasco e La Rioja; en Francia: Nouvelle-Aquitaina e en Portugal: Norte, Algarve, Centro, Lisboa e Alentejo.
As entidades socias do proxecto, cuxo horizonte temporal é 01/10/2019 – 31/03/2023, son:
- AGACA: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias. Beneficiario principal y coordinador.
- Cámara Oficial de Comercio, Industria y Servicios de La Rioja.
- Cooperativas Agro-alimentarias de Castilla-La Mancha.
- KONFEKOOP: Confederación de Cooperativas Agroalimentarias de Euskadi.
- AMVOS. Consultora de Marketing Digital.
- AREPO: Association des Régions Européennes des Produits d´Origine (Francia)
- La Coopération Agricole (Francia).
- Chambre du Commerce et d’Industrie de Limoges et de la Haute-Vienne (Francia).
- UTAD: Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (Portugal).
- CONFAGRI: Confederação Nacional das Cooperativas Agrícolas (Portugal).