No marco do proxecto europeo Erasmus+ UpFarming, abrimos unha convocatoria para seleccionar cinco profesionais titulados ou estudantes de último ano nalgunha das ramas agrarias para formarse, en sostibilidade e comunicación no sector gandeiro. As actividades, de dez días de duración, comezarían o 17 de abril e rematarían na última semana de xaneiro de 2024. Os gastos serán asumidos polo proxecto:
Planning de actividades:
1 Formación en sostibilidade e comunicación no sector gandeiro (Turín 17-21 abril de 2023). Gastos a cargo do proxecto.
Abordaranse as seguintes temáticas:
- A sostibilidade medioambiental e o ciclo de vida
- A sostibilidade social e económica e a súa avaliación
- Estratexias de redución do impacto ambiental e mellora da sostibilidade das explotacións lácteas.
As persoas seleccionadas irán acompañadas por dous técnicos de AGACA.
2 Laboratorio de sensibilización dos agricultores. Experiencia práctica durante 2 días, nunha granxa de Galicia (entre os meses de outubro e novembro de 2023).
As persoas participantes na formación traballarán nunha primeira sesión conxunta de consultoría e animación con ensaios de momentos habituais dos procesos de consulta. Terán a oportunidade de demostrar, de forma práctica, a eficacia da actividade de estudo preparatoria.
3 Elaboración dunha estratexia de avaliación e comunicación de sostibilidade. Serán 4 días, na última semana de xaneiro de 2024, en Santiago de Compostela.
As persoas participantes reuniranse para elaborar e compartir os resultados do laboratorio. Centraranse en debater e resolver posibles críticas, destacando os diversos elementos recorrentes e elementos relevantes, para desenvolver unha estratexia conxunta que defina cómo avaliar a sostibilidade dunha granxa e definir unha especie de caixa de ferramentas para os agricultores sobre cómo comunicar a sostibilidade.
Características das persoas candidatas:
● Ter entre 18 e 35 anos.
● Licenciatura ou diplomatura (ou nos últimos cursos) en Ciencias Agrarias ou escolas similares, FP Superior Agrario etc.
● Residencia en Galicia.
Terán preferencia os candidatos e candidatas con:
● Interese neste tema (Enviar unha carta de motivación – máximo 1 páxina, preferiblemente en inglés).
● Experiencia laboral no ámbito publicitario, tamén en explotacións familiares ou prácticas (enviar cv).
● Idioma: Inglés como lingua vehicular ou italiano.
● Permiso de conducir.
● Bo coñecemento de ferramentas dixitais e informáticas.
● Compromiso claro de participar no proxecto ata o final das actividades. (Deberá demostrarse na carta de motivación).
● Boas habilidades de comunicación e interacción.
Enviar solicitudes ao mail: agaca@agaca.coop
Sobre o proxecto Up Farming
UpFarming é un proxecto desenvolvido entre AGACA e a Asociación CIA Agricoltori delle Alpi, de Italia, que busca apoiar ás pequenas explotacións e propoñer solucións vinculadas á aplicación da sostibilidade, actuando en dúas vertentes: sensibilizar ás explotacións agrícolas e apoialas para que comuniquen ao público (provedores, consumidores etc.) o que realmente fan en materia de sostibilidade.
Para logralo, desenvolveranse cursos para formar a consultores capaces de acompañar aos agricultores no camiño da sostibilidade e a comunicación.