• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Bodega Viña Costeira, Premio Bacchus de Prata co seu Viña Costeira Ribeiro e primeira adega en Galicia en impartir cursos da Wine & Spirit Trust Education

21 de Marzo de 2018
en Novidades
Bodega Viña Costeira, Premio Bacchus de Prata co seu Viña Costeira Ribeiro e primeira adega en Galicia en impartir cursos da Wine &  Spirit Trust Education
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • A Wine & Spirit Education Trust ( WSET) é o principal provedor de cualificaciones en viños e espirituosos en todo o mundo. Os seus programas están deseñados para todos aqueles que desexan desenvolver os seus coñecementos sobre viños e espirituosos – dende o principiante ao profesional do sector.
  • Este fito, únese ao premio Bacchus de Prata que recentemente recibiu o Viña Costeira Ribeiro, no certame organizado pola Unión Española de Catadores.

20180321_viña_Costeira_Bacchus_WSET-wbBodega Viña Costeira, despois de ser recoñecida por visitantes e consumidores como A Mellor Adega do ano, convértese en satélite autorizado de More than Wines que impartirá os cursos da WSET nas instalacións da adega. Este é un gran fito para todo o sector vinícola de Galicia, xa que achega moito máis o mundo do viño aos consumidores. Ademais achega un gran valor a Bodega Viña Costeira que segue apostando pola formación dentro do mundo do viño e da súa contorna.

Os cursos, que xa poden reservarse en www.morethanwines.com, contan con prazas limitadas e comezarán a impartirse a finais de abril nas instalacións da Bodega. Os alumnos poderán adquirir un amplo coñecemento tanto dos procesos vinícolas como dos viños do mundo, sendo capaces de diferenciar a orixe e as propiedades organolépticas de cada variedade, así como notas de cata complexas. Estes cursos celebraranse de forma recorrente ao longo do ano.

A este acontecemento, hai que engadir un novo fito na xa historia da adega, ao conseguir este mes de marzo un Bacchus de Prata para o Viña Costeira Ribeiro. Este prestixioso certame, organizado pola Unión Española de Catadores, é un dos de maior recoñecemento internacional, participando máis de 1500 viños de todo o mundo que son valorados por un panel dun centenar de expertos catadores.

Bodega Viña Costeira, adega cooperativa da D.O. Ribeiro, cumpre este ano os 50 anos de actividade, nada do esforzo e da capacidade de colaboración dos pequenos viticultores do Ribeiro, leva medio século poñendo en valor o bo facer vinícola da zona. Grazas ás achegas de cada un dos socios que integran a adega obtéñense como resultado viños de excelente calidade.

Grazas á súa oferta enoturística, hoxe en día Bodegas Viña Costeira recibe máis de 10.000 visitas ao ano e a súa proxección non deixa de crecer, dando a coñecer a zona vinícola do Ribeiro das beiras de Miño e do Avia. Unha contorna de gran valor paisaxístico e enolóxico que axuda a promocionar Galicia como destino turístico e xera un gran valor económico na zona.

Bodega Viña Costeira, con adegas propias na D.O. Ribeiro e a D.O. Valdeorras, reafirma a súa imaxe como grupo adegueiro galego, apostando pola introdución dos seus viños a nivel nacional e internacional e posicionándose como un referente de viño galego de calidade.

21/03/2018

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.