DEBIDO Á SITUACIÓN SANITARA XERADA POLA COVID-19 ESTE CONCURSO FOI CANCELADO
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA, no marco da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, impulsada dende a Consellería de Traballo e Benestar, convoca un Concurso de Pequenos Relatos co fin de impulsar —por parte dos nenos e nenas das vilas—, o interese polo cooperativismo de Galicia e un mellor coñecemento do medio rural, os alimentos, a agricultura e a gandería estimulando a súa curiosidade e talento a través da escritura.
1. Poderá concorrer o alumnado de 3º e 4º curso de primaria dos colexios públicos de toda Galicia. Procurarase que haxa un reparto equilibrado de participantes entre as dúas categoría
2. Temática. O relato xirará arredor da cooperación, do cooperativismo, os alimentos, a agricultura, a gandería ou o medio rural, a elixir ou decidir polos profesores.
3. As obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas non tendo sido premiadas, nin publicadas con anterioridade. Deberán ser relatos escritos de forma manuscrita e coidando a presentación para que resulten facilmente lexibles.
4. Os relatos levarán un título e a súa autoría constará perfectamente identificada co nome e apelidos do alumno/a, a clase e curso no que estuda e nome do colexio.
5. Extensión: Os relatos non poderán exceder de tres folios por unha cara e escritos a man.
6. Lingua: As obras deberán estas escritas preferiblemente en galego.
7. Cada colexio participante deberá escoller, de entre todas as obras presentadas polo alumnado, os tres mellores relatos, a criterio do profesor ou profesora ou do colexio e envialos a AGACA por correo postal.
8. O Xurado dos Premios estará integrado por tres persoas: un escritor galego, un membro da Secretaría Xeral de Emprego e un integrante da Asociación. Seleccionará dous relatos pertencentes un deles, a un alumno ou alumna de 3º de EP e o outro a un alumno ou alumna de 4º curso de EP, que recibirán cadanseu premio.
9. Os relatos dirixiranse ao seguinte enderezo:
Concurso Pequenos Relatos AGACA Rúa Tomiño 22.-Entrechán
15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Deberán indicar tamén o nome dunha persoa representante da escola xunto cun teléfono de contacto e unha dirección de correo electrónico.
10. O prazo de admisión dos relatos finalizará o 30 de abril de 2020.
PREMIOS
11. Os dous alumnos ou alumnas que acaden o premio recibirán como obsequio unha consola ou videoxogo e un lote de libros infantís de lectura.
12. Os mellores relatos poderán publicarse na revista de AGACA, Cooperación Galega, mencionando expresamente o nome do autor ou autora, o colexio e á Rede Eusumo.
13. Os dous colexios gañadores recibirán 500 euros cada un e un diploma acreditativo —onde se recoñece que un alumno ou alumna dese colexio resultou premiado—, emitido por AGACA.
14. As imaxes do acto de entrega dos premios publicaranse na revista Cooperación Galega enviando posteriormente a Asociación, algún exemplar a todos os colexios participantes.
Para a entrega dos premios acordarase unha data na que representantes da Asociación e da Consellería se desprazarán ata os colexios e nun pequeno acto na clase ou onde designe o colexio, o alumno ou alumna gañador/a lerá o seu relato e faráselle entrega do premio.
O acto tamén será recollido con imaxes (fotos/vídeos) que despois poderán ser difundidas a través de distintos medios de comunicación, entre eles a propia revista da Asociación, a páxina web e redes sociais, para o que será preciso que os pais/nais ou titores do alumnado asinen a ficha de participación e dean a súa autorización para a publicación das imaxes especificada.
A participación neste certame supón a aceptación destas bases.
Importante
A información ofrecida é meramente orientadora. As bases do concurso poden estar suxeitas a cambios, sempre por motivos razoables e tratando de respectar a esencia do Certame.
Lembrar: xunto co envío dos relatos é preciso incluír a autorización e consentimento para a realización das fotografías e publicación das imaxes, asinado polos titores ou representantes legais dos menores.
PODE DESCARGAR ESTAS BASES EN FORMATO PDF AQUÍ