• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

Avanza o proxecto de mellora da competitividade en granxas leiteiras desenvolvido con CEPES

2 de Xuño de 2021
in Novidades
Avanza o proxecto de mellora da competitividade en granxas leiteiras desenvolvido con CEPES
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Continúa avanzando o proxecto Mellora da competitividade das explotacións de vacún leiteiro, mediante o fomento de produción hipocarbónica, que AGACA desenvolve coa Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES).
  • Tivo lugar, en abril e maio, un curso formativo e mantéñense as visitas a granxas.

O proxecto Mellora  da competitividade das explotacións de vacún leiteiro, mediante o fomento de produción hipocarbónica pretende que os produtores lácteos reduzan os impactos ambientais e as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEIs) da súa actividade polos consumos de auga e enerxía, fomentando boas prácticas que axudan a reducir estes impactos.

O proxecto ten como obxectivos básicos:

  • Fomentar o aforro enerxético, o consumo responsable e a minimización de residuos na produción láctea mediante guías de Boas Prácticas e Mellores Técnicas Dispoñibles para a redución de impactos ambientais
  • Mellorar a competitividade das granxas leiteiras mediante o asesoramento individualizado para a redución da pegada de carbono e os consumos de auga e enerxía, aproeitando sinerxías derivadas da transferencia de know-how dende os centros de investigación cara ás explotacións lácteas.

Na primeira edición do Proxecto (2018-2020), temos traballado con 96 produtores de gando vacún leiteiro, representativos das cooperativas Xallas-Santa Comba, O Rodo e Campodeza con diferentes tipoloxías produtivas. Nesta segunda edición (2021-2023) queremos chegar a 100 produtores pertencentes ás cooperativas CLUN e Aira.

Durante o mes de abril e mayo, comezamos co curso de formación de persoal técnico como agentes de ecoinnovación, cunha participación de más de 30 técnicos e técnicas de cooperativas. Estes técnicos e técnicas encárganse de asesorar a cooperativas e produtores na implantación de novas prácticas no proceso produtivo. O persoal técnico de ecoinnovación comezou a visitar e realizar enquisas nas explotacións de producción láctea para coñecer o proceso produtivo e modelizar os consumos de auga e enerxía nas granxas para calcular a súa pegada de carbono e pegada hídrica.

A partir da información obtida das granxas, e unha vez elaborados os cálculos pertinentes, poderemos determinar puntos de mellora nos procesos de produción agrogandeira, asesorando e fomentando a implantación de mellores prácticas dispoñibles para facilitar a redución de consumos de auga e enerxía nas granxas de produción de leite. Mediante esta redución de consumos, os custos de produción baixan, aumentando a competitividade da granxa e mantendo a productividade e sostibilidade de productores e produtoras do sector lácteo.

Cando teñamos os datos de todas as granxas xa elaborados, dotarase a titulares da explotación ganadeira dun informe diagnóstico individualizado proporcionando alternativas dirixidas á redución dos consumos de enerxía e auga, co seu derivado impacto  na redución de custos de produción.

A iniciativa forma parte do proxecto Formación para a consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES),  que inclúe outros programas formativos: un busca a incorporación ao sector hortícola; outro, a incorporación ao sector de vacún leiteiro, e outro apoia a función xerencial nas cooperativas agroalimentarias. Conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mejora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial das mesmas.

02/06/2021

Tags: CEPES.
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}