• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

As cooperativas abren as súas portas en xuño

29 de Maio de 2023
en Novidades
As cooperativas abren as súas portas en xuño
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Os venres do mes de xuño algunhas cooperativas galegas abrirán as súas portas para dar a coñecer o seu funcionamento.  As catro socias de AGACA que abren son: o 2 de xuño, Clun; o 9 de xuño, Viña Costeira; o 16 de xuño, Horsal e o 23 de xuño, Aira.
  • A iniciativa “Os venres cooperativos” pretende que o labor das cooperativas chegue ao gran público, vinculándoas ao desenvolvemento da súa contorna, da economía rural e da sociedade. Para iso, oito cooperativas mostrarán tanto o seu propio funcionamento como o modelo cooperativo de negocio.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Rede de polos de apoio ao emprendemento e ao emprego, organiza a actividade co obxectivo de visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no noso territorio, á vez que se dan a coñecer as funcións dos polos de apoio ao emprendemento e ao emprego e favorécese a creación de redes de colaboración e empresa.

O día 2 de xuño a actividade será en Clun (Aldea Ponte Maceira s/n, Ames – A Coruña).
CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) nace coa vocación de ser referencia no sector agrogandeiro galego. Conta con 3.500 socios, a quen proporciona as subministracións e servizos integrais necesarios para a xestión eficiente das súas explotacións. Ademais, a súa división láctea centra a súa actividade na recollida, envasado e distribución de leite e outros derivados lácteos, baixo as marcas *Únicla, Clesa, Feiraco e Arquega.

Ademais de Clun poderase coñecer como funciona Casa do Maior.
Organiza: Polo Costa da Morte.

O 9 de xuño a actividade será en Viña Costeira (Valdepereira, S/n, 32415, Ribadavia – Ourense).
A adega, con máis de 50 anos de historia, se enmcarca na Denominación de Orixe Ribeiro. Enfócase en uso de tecnoloxías e know how en viticultura e enoloxía cos obxectivos de mellorar a sustentabilidade ambiental da contorna, reducir os tratamentos fitosanitarios do viñedo, asumir prácticas de cultivo de produción integrado, optimizar os custos do viticultor e mellorar a calidade dos procesos enolóxicos

Ademais, poderase coñecer Xeitura, que atende as tres principais áreas de actuación aceptadas na Xestión do Patrimonio: investigación, protección e difusión.
Organiza: Polo Miño Central.

O 16 de xuño a actividade será en Horsal (Lugar Pardiño, 10B, 36633 Vilariño, Pontevedra).
A cooperativa está dedicada á produción, manipulación e comercialización de froitas e hortalizas de Galicia.

Ademais, poderase coñecer Factoría Atelier, que recupera mobles e materiais en desuso para imprimirlles nova vida.
Organiza: Polo Pontevedra Norte e Rías Baixas.

O 23 de xuño a actividade será en Aira (Parque Empresarial s/n, 27550, Taboada – Lugo).
Aira conta coa maior fábrica de pensos para gando leiteiro que existe actualmente en España, cunha produción anual de 207.000 toneladas. Con todo, a actividade principal da cooperativa xira ao redor da produción de leite.

Ademais, poderase coñecer Milhulloa, que xunto con Granxa Maruxa constitúe Muulhulloa, unha entidade que se dedica á cosmética ecolóxica, natural e sostible.
Organiza: Polo Lugo Sur.

Máis información e inscricións en http://polosemprendemento.gal/calendar/os-venres-cooperativos

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.