Aínda que cada vez soan con máis frecuencia e se crean máis comunidades enerxéticas locais tanto en Europa como noutras zonas do globo, en Galicia aínda son unha figura bastante descoñecida para o conxunto da sociedade, porén, constitúen unha excelente oportunidade medioambiental e económica para as nosas cooperativas.
Co fin de coñecer mellor esta ferramenta de participación da cidadanía no sector enerxético, dende AGACA convidamos ao director de Cooperatives Agro-alimentàries Comunitat Valenciana, Enrique Belles, a contarnos a súa experiencia nesta materia xunto con Joaquín Mas, director xeral da cooperativa Grupo ENERCOOP, na Comunidade Valenciana, produtores, distribuidores e comercializadores de enerxía e pioneiros na creación de comunidades enerxéticas locais en España.
Se algo quedou claro tras coñecer as experien- cias compartidas é que se trata dunha fórmula viable e aplicable tamén en Galicia.
Que son as comunidades enerxéticas locais (CEL)?
Por dicilo dun xeito simplificado, as comunidades enerxéticas locais (CEL) son entidades xurídicas integradas por unha agrupación de socios (persoas físicas, asociacións, pemes, adminis tracións públicas…) que apostan polo autocon sumo enerxético, é dicir, xerar e consumir a súa propia enerxía e, por tanto, proporcionar servizos e beneficios aos seus integrantes, tanto en materia medioambiental como socio-económica.
As comunidades enerxéticas, como indica o INDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía), «deben estar baseadas nunha participación aberta, non discriminatoria […] e cumprindo cos criterios de elixibilidade e control efectivo onde as directivas europeas estipulan que dito control debe ser exercido por cidadáns, pemes ou autoridades locais. Xestiónanse dende unha toma de decisións baseada na gobernanza democrática».
Calquera entidade xurídica pode funcionar como comunidade enerxética, pero, polas súas características intrínsecas, as cooperativas son unha fórmula perfectamente válida que cumpre todos os requisitos, de aí que xa conta con gran parte do camiño percorrido.
Portada da Guía específica elaborada por Cooperativas Agroàlimentaries Comunitat Valenciana. Pode consultarse na súa web http://www.cooperativesagroalimentariescv.com/
A experiencia da Comunidade Valenciana
Sabedores da necesidade de asumir novos modelos enerxéticos para responder en positivo ante os efectos do cambio climático e a tendencia das institucións cara a un aprovei- tamento medioambiental dende un punto de vista sostible e respectuoso, xunto cunha maior implicación por parte da cidadanía nos obxectivos climáticos, Cooperatives Agro-alimentàries Comunitat Valenciana asinou un convenio coa Consellaría pertinente para o fomento das Comunidades Enerxéticas Locais por parte de cooperativas agroalimentarias ou a súa participación en proxectos impulsados dende a sociedade civil e as Administracións públicas e o seu ámbito máis próximo converténdose así na Federación de cooperativas máis vangardista nesta área, do estado español.
As actividades desenvolvidas pola entidade valenciana en 2022 neste senso pódense aglutinar en diversas liñas de actuación focalizadas principalmente en: promoción e divulgación da normativa relacionada e das iniciativas enerxéticas renovables como elemento competitivo entre as cooperativas, asesoramento e acompañamento á hora de iniciarse na súa constitución e elaboración dunha Guía para a constitución de Comunidades Enerxéticas en Cooperativas Agroalimentarias, que contempla as distintas realidades e a singularidade do cooperativismo agroalimentario da Comunitat Valenciana e que pode consultarse nun apartado específico habilitado na súa web: www.cooperativesagroalimentariescv.com/transicion-energe- tica/ (ligazón directa pdf: bit.ly/GuíaComunidadesEnergéticasCV).
Actividades das CEL
O grupo Enercoop, —a empresa matriz é a Cooperativa Eléctrica benéfica San Francisco de Asís, nacida hai preto de 100 anos para subministrar electricidade aos seus membros (o 95% da cidadanía da localidade alicantina de Crevillent é membro da cooperativa)— é pioneiro no desenvolvemento de Comunidades Enerxéticas Locais en España.
Coñecedor a fondo das particularidades das CEL, o director xeral do grupo Enercoop, Joaquín Mas, aceptou encantado a invitación de AGACA para dar a coñecer a experiencia da entidade ante as cooperativas na xornada preparada ao efecto.
Mas contextualizou a normativa legal existente aclarando que en España contamos cunha única figura de CEL, que engloba as outras dúas figuras que si existen en Europa: Comunidade Cidadá da Enerxía (CCE) e Comunidade da Enerxía Renovable (CER) e aclarou que crear unha CEL é posible tanto en zona urbana como no ámbito rural; porén, tendo en conta que hai que localizar superficies en espazos aptos afastados de núcleos urbanos con arquitectura protexida, o ámbito rural posiciónase como idóneo.
Entre as actividades posibles que poden desenvolver as Comunidades Enerxéticas, segundo o directivo de Enercoop, atópanse:
- A xeración de enerxía eléctrica ou térmica proveniente, principal- mente, de fontes
- A provisión de servizos de eficiencia enerxética á
- Mobilidade eléctrica, co desenvolvemento de puntos de recarga
- Xestión da demanda, participando en mercados
- Distribución e subministración enerxética a nivel
Modelos de CEL
Entre os posibles modelos de Comunidades Enerxéticas locais a desenvolver destacáronse seis: unha cooperativa eléctrica, unha cooperativa agroalimentaria mixta entre un concello e unha cooperativa agroalimentaria, outra mixta, participada polo concello e unha asociación veciñal, unha comunidade enerxética empresarial e unha supramunicipal, a nivel comarcal.
Beneficios de constituír CEL para as cooperativas, segundo Cooperatives Agro-alimentàries Comunitat Valenciana:
-
Diversificación de actividades.
-
Redución de custos operativos.
-
Constitución de novas oportunidades laborais e de negocio.
-
Desenvolvemento dunha actividade máis respectuosa co medio.
-
Beneficios directos e indirectos para a súa masa social.
-
Impacto positivo na comunidade.
-
Mellora da imaxe da cooperativa ante a sociedade, clientes e consumidores
Viabilidade
Á hora de configurar a viabilidade dunha CEL, Mas expuxo 11 pasos a ter en conta, claves para lograr o éxito:
- Estudo de condicionantes xurídicos, técnicos, económicos e sociais para o cumprimento dos requirimentos da figura e modelo de adhesión á CEL.
- Modelo de negocio: definición e viabilidade económica.
- Análise e optimización dos fluxos enerxéticos e cálculo de coeficientes de reparto entre os usuarios da CEL, para maximizar a eficiencia e o retorno económico.
- Redacción de modelos de contratos para a aplicación de compensación e repartos entre os usuarios da CEL.
- Interlocución cos axentes do mercado eléctrico e coa compañía comercializadora, optimización da factura eléctrica e, xestión de cambios de comercializadora, no seu caso.
- Xestión de subvencións, con asistencia técnica, xurídica e administrativa, no caso de detectarse posibilidades.
- Instalación chave en man, enxeñería, construción e posta en servizo.
- Soporte técnico e de mantemento, con ampla experiencia na xestión e mantemento de instalacións renovables, especial mente de enerxía solar fotovoltaica.
- Tramitación administrativa do proxecto, xestionando os trámites necesarios ante as administración locais, estatais, compañía eléctrica distribuidora e operador do sistema eléctrico.
- Xestión na facturación enerxética dos membros da comunidade, asignación de fluxos de enerxía autoconsumida e retorno económico ao axente inversor, de acordo co modelo de negocio.
- Apoio na difusión da CEL, elaboración de infografías, trípticos, notas de prensa e desenvolvemento de xornadas divulgativas e reunións de carácter institucional.
A xornada, celebrada a mediados de xaneiro, completouse coa participación de Juan Rodríguez, do INEGA, quen expuxo as liñas de axudas abertas naquel intre para investimentos en renovables en 2023; Juan Antonio Vila, director de Aeroxeneradores Enair, quen presentou as oportunidades de xeración de Minieólica en Galicia, e Pablo Torres e Álvaro del Río, técnicos do Instituto Control Enerxético que relataron as experiencias reais de aplicación de eólica e fotovoltaica na nosa Comunidade Autónoma ante a atenta expectación dos representantes das cooperativas e entidades asistentes.



