• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

AMCAE organiza unha xornada sobre drons en Paco & Lola

Agaca por Agaca
8 de Abril de 2026
en Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

  • O 18 de abril a cooperativa Vitivinícola Arousá (Paco & Lola) acollerá a xornada “Da Terra ao liderado: mulleres cooperativistas que cambian o rumbo. Uso de dron en explotacións vitivinícolas”.

Os obxectivos da xornada son, por unha banda, introducir os fundamentos do uso de drons no sector vitivinícola, incluíndo tipos de equipos, sensores e plataformas de análises, e, por outra banda, mostrar aplicacións prácticas do uso de drons con precisión (detección de tensión hídrica, pragas, estado fenolóxico, mapeo do terreo etc.), así como os requisitos para a súa operación profesional.

Nun contexto global marcado por profundos desafíos sociais, económicos e ambientais, o modelo cooperativo emerxe como unha alternativa sólida baseada en valores de equidade, solidariedade e sustentabilidade. Neste escenario, o papel das mulleres no cooperativismo resulta non só relevante, senón imprescindible para impulsar transformacións reais e duradeiras.

Ao longo da historia, as mulleres foron motor de cambio dentro das cooperativas, liderando procesos de innovación social, fortalecendo economías locais e promovendo formas máis xustas de organización do traballo e a vida. Con todo, aínda persisten brechas de xénero que limitan a súa plena participación nos espazos de toma de decisións.

Nun mundo no que a tecnoloxía está a transformar o campo, esta xornada sobre o uso de drons na viticultura ofrece unha oportunidade única para coñecer como estas ferramentas poden a axudar a mellorar o coidado das viñas, optimizar tratamentos e facer un seguimento máis preciso de parcelas. O uso de drons demostrou un gran potencial en tarefas de monitorización, análise de cultivos, control fitosanitario e xestión de recursos naturais.

Así pois, esta xornada está destinada a entidades de mulleres rurais de ámbito nacional, para a realización de actividades de especial interese para impulsar o papel da muller no desenvolvemento rural. Realízase baixo unha convocatoria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Programa

09:50 h Recepción de asistentes.

10:00 h Tipos de drons. Sesión teórica sobre ouso de drons en viticultura
• David Blanco, CEO de BENIU

12:00 h Sesión práctica de voo de drons
• David Blanco, CEO de BENIU

13:00 h PAC en viticultura
• Emma Giráldez, técnica de viticultura de Viña Costeira, S. Coop. Galega

14:00 h Peche e conclusións
• Carlos Carrión, presidente Vitivinícola Arousana, S. Coop. Galega

Organiza

Subvenciona
Colaboran

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.