Partenariado:
O consorcio está formado por sete socios de diferentes países da UE. Estes inclúen, Croacia, Grecia, Irlanda, Letonia, Portugal e España:
-
- AGACA (coordinadora).
- AGRRA é Axencia de Desenvolvemento Rural do Condado de Zadar en Croacia.
- Atlantis Engineering S.A. é unha empresa de tecnoloxía da información e as comunicacións (TIC) en Grecia.
- CONFAGRI é a Confederación Nacional de Cooperativas Agrícolas e de Crédito Agrícola de Portugal.
- GEAccounting é un Grupo de Interese Económico sen ánimo de lucro en España.
- ICOS é a asociación nacional de cooperativas agroalimentarias de Irlanda.
- LLKC é a Axencia Pública do Ministerio de Agricultura de Letonia para o centro de asesoramento e formación rural para cooperativas.
Obxectivos específicos:
O proxecto propón como obxectivos específicos os seguintes:
❖ Formar persoal técnico e formador das organizacións que representan ás cooperativas agroalimentarias na utilización do proceso de cálculo metodolóxico SPOLY, co fin de monetizar o valor social dunha organización.
❖ Avanzar na mellora da metodoloxía SPOLY mediante aplicacións específicas nos diferentes subsectores agroalimentarios (lácteos, cárnicos, froitas e hortalizas, viño, aceite de oliva etc.), a nivel europeo.
❖ Formar e informar a cooperativas agroalimentarias en canto á rendibilidade do valor social xerado poolas súas propias empresas.
❖ Sensibilizar sobre a importancia da contabilidade social fronte á contabilidade tradicional no sector da economía social.
❖ Consolidar a aceptación e recoñecemento internacional do proceso metodolóxico de cálculo desenvolvido e promover a transferencia de resultados a nivel internacional.
❖ Mellorar a imaxe das cooperativas agroalimentarias europeas, destacando o seu atractivo, contribuíndo así á mellora da súa competitividade nun mercado cada vez máis globalizado.
Destinatarios:
❖ Asesores/as agrícolas.
❖ Equipo directivo de cooperativas.
❖ Mocidade agricultora.
❖ Cooperativas agrícolas.
❖ Organizacións públicas e privadas que traballan en todo o sector cooperativo, en particular coas cooperativas agroalimentarias.
❖ A sociedade no seu conxunto.
+ información:
Esta publicación reflicte unicamente as opinións do autor e a Comisión non se fai responsable do uso que poida facerse da información contida nela.