• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

AGACA presentou os resultados de 7 proxectos innovadores para o sector primario

11 de Outubro de 2019
in Novidades
AGACA presentou os resultados de 7 proxectos  innovadores para o sector primario
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Esta mañá, en Santiago, presentáronse os resultados de 7 proxectos nos que participou AGACA que supoñen innovacións en canto a cultivo de castaña, produción de leite, cría de cabra, de porco celta e de vacún cárnico, aproveitamento do metano e xestión enerxética sustentable.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias presentou os resultados de sete proxectos nos que participa xunto con diferentes entidades investigadoras e produtoras de Galicia.Os proxectos contan con financiamento do FEADER, a Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

20191011_FEADER-mostra-produtos-novidosos-PORCO-CELTA-CASTANANo marco de ”Pulo ao Sector da Castaña: dende o souto ata a elaboración de produtos novidosos con castaña” analizouse o ciclo de vida, a pegada de carbono e a pegada hídrica asociados ao sector e creáronse novos produtos: fariña para rebozado (aínda en proceso de mellora), mortadela, friame,chourizo e flocos de castaña.

O Centro Tecnolóxico da Carne, explicou Inmaculada González, realizou unha análise sensorial mediante un panel de catadores que valoraron aspecto visual, olor, textura, sabor e valoración global. Comparados con produtos comerciais, o xamón e friame novidosos foron situados entre o entre 50-60% da escala positiva e os flocos no 71%. Os flocos de castaña apuntou González, “ao non ter gluten son moi interesantes para a industria alimentaria”.
Desenvolven o proxecto o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) e AGACA.

“Novos sistemas de manexo e implantación dun sistema de clasificación de canais de Porco Celta” foi presentado por Elisa Alonso, do Centro Tecnolóxico da Carne. As canais de porco celta presentan maior porcentaxe de magro, unha infiltración de graxa diferente e un crecemento máis lento que outras razas polo que no sistema habitual de clasificación de canais, estandarizado segundo as características doutras razas porcinas, adoitan recibir por defecto valoracións negativas. O proxecto, por tanto, realizou estudos físico químicos e organolépticos de canais de porcos celtas sacrificados a diferentes idades e con diferentes dietas para lograr criterios homoxéneos cos que lograr un sistema de clasificación adecuado a eles. O porco celta estudado procede de tres produtores da cooperativa Tres Fuciños; Isabel Costas, presidenta da entidade, explica que na actualidade a cooperativa produce a baixo etiqueta raza autóctona 100% e sacrifican reses de entre 110 e 120 kg.
Desenvolven o proxecto Tres Fuciños, CTC, Asoporcel e AGACA.

O proxecto “EUREL”, presentado por María Rey e Mario Fernández, técnicos de AGACA, céntrase na produción de leite competitivo e respectuoso co medio ambiente, estudou dez explotacións en varios modelos produtivos (dende o totalmente extensivo e ecolóxico ata o intensivo), para medir balances de nitróxeno e fósforo ademais da pegada de carbono, de xeito que se poidan identificar medidas que favorezan o medio sen reducir eficacia produtiva.

Entre as recomendacións ás granxas participantes: incrementar o consumo de forraxes propias, a rotación de cultivos e as leguminosas nas racións, incidir no encalado das parcelas para favorecer a asimilación de nutrientes nas plantas. En canto á pegada de carbono, os resultados mostran que aproximadamente o 47% procede de emisións entéricas ,o 48% de agronomía e alimentación (produción de pensos e cultivos), e o restante repártese entre consumo enerxético, xestión de residuos e transportes.
Desenvolven o proxecto Cooperativa Agraria Comarcal de A Coruña, AGACAL e AGACA.

Manuel Riveiro, de AGACAL, presentou o proxecto “Estercosol”, co obxectivo de crear un sistema de xestión enerxética sustentable e recirculación de nutrientes para explotación. A base do proxecto, explicou, é a utilización de bombas de calor que recolle calor procedente de depósitos de esterco deseñados no proxecto e o traslada aos invernadoiros para favorecer o mantemento da temperatura e o crecemento das plantas. Adicionalmente, traballa en reducir o adobo químico mediante un sistema de rega con ozono para oxidar a materia orgánica presente no esterco usado para adobar e, así, liberar os nutrientes que precisa a planta.
Desenvolven o proxecto AGACAL e AGACA.

“Aproveitamento do metano nas granxas de vacún” busca reducir o impacto ambiental das emisións de metano asociadas ao gando estabulado e xerar un novo recurso enerxético valorizado na granxa. Presentouno Ángela Rodríguez, responsable área de bioenerxía de Energylab. O proxecto aproveita o metano desprendido polas balsas de xurros, o que permitirá reducir os gases de efecto invernadoiro e lograr un gas valorizable na explotación, o cal, indicou Rodríguez, “vai na liña das políticas que están sendo adoptadas polas  administracións” en materia de medio ambiente. Antonio Fernández, profesor da Universidade de Vigo, explicou que o sistema de control do circuíto de toma e medición do gas, se deseñou tratando de usar compoñentes de baixo custo e software baseado na nube e na Internet das cousas, facilitando así a súa xestión polos gandeiros, para o cal se preparan tamén guías.
Desenvolven o proxecto a Universidade de Vigo, Energylab, SAT San Miguel e AGACA.

O proxecto “Vacún cervexeiro” consiste na produción de gando vacún en sistema extensivo alimentado con pasto e produtos naturais e de proximidade. O obxectivo, segundo Lucio García (responsable de investigacións do CTC), é “manter o extraordinario perfil graxo que trae o tenreiro que medra comendo herba e mamando para que non cambie” durante os tres meses que pasa estabulado para acabado antes de sacrificio, e así lograr unha carne diferenciada de calidade, que se comercializará con marca propia. Como parte da avaliación do produto, o CTC organizou un panel de cata onde as carnes de gando alimentado polas fórmulas preparadas no proxecto obtiveron os mellores resultados.

Ademais, a Universidade de Vigo deseñou un sistema de monitorización de reses mediante tecnoloxías de xeoposicionamento, para poder controlar o rabaño sobre a superficie onde se traballou, na Serra do Suído. Tamén estudaron sistemas de son para reclamo e alerta do gando.
Desenvolven o proxecto Arturo Baqueiro Gabián, CTC, Universidade de Vigo e AGACA

“Cabras 4.0” consiste en poñer en marcha un dispositivo virtual que permita controlar o rabaño a distancia, dende a pantalla dun computador ou dispositivo portátil, e responde, como indicou David Meana, técnico de Energylab, ás dificultades que supón o manexo de grandes rabaños caprinos. O proxecto elaborouse na Comunidade de Montes Veciñais en man Común de Meira, nunha área de 450 hectáreas e cun rabaño de 150 cabezas, que contribúe ao control da matogueira. O proxecto inclúe un sistema de desinfección ultravioleta da auga e un de desinfección do aire do establo por ozono, para mellorar o benestar animal.
Desenvolven o proxecto a Comunidade de Montes en Man Común de Meira, EnergyLab e AGACA.

En canto ao Programa de Desenvolvemento Rural (PDR), baixo o que se desenvolven os proxectos con financiamento FEADER, o subdirector xeral de Formación, Innovación e Investigación Agraria, José Antonio Portos, afirmou que o Programa “busca iniciativas aplicables e reproducibles para abranguer máis mercados e levar ao territorio a actividade real que permita fixar poboación” e incidiu na importancia da formación.

11/10/2019

Tags: FEADERengalego
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}