AGACA ofrece formación gratuíta sobre certificacións de calidade

Agaca
Por Agaca Setembro 9, 2021 14:07
  • O 20 de setembro comeza a segunda edición do curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais”.
  • As persoas interesadas poden inscribirse nesta ligazón.
  • Consta de 70 horas de teleformación gratuíta que se poden cursar ata o 28 de outubro.

AGACA abre a matrícula para a segunda edición do curso online gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais”. O 20 de setembro comeza a formación, que busca promover as oportunidades que a economía social e a implantación destas certificacións supoñen para modernizar as explotacións agroalimentarias.

Consta de 3 unidades didácticas: Cooperativismo no sector primario, Certificacións de calidade (ISO, GLOBAL GAP, BRC/ IFS e certificacións de vacún de leite) e Certificacións ambientais (ISO, análises de ciclo de vida, pegada de carbono e pegada hídrica).

En total, ofrécense 70 horas de formación que poden ser cursadas online dende o 20 de setembro ata o 28 de outubro mediante unha plataforma de teleformación á que o alumando poderá acceder en calquera momento que elixa.

A inscrición realízase a través desta ligazón.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

09/09/021

 

Agaca
Por Agaca Setembro 9, 2021 14:07
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<