- O 29 de setembro celébrase a xornada Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, centrada identificación e potenciación dos recursos dos montes en man común para os veciños, mediante a súa xestión cooperativizada
- Terá lugar no Concello de Mazaricos, acollida pola Agrupación de Mazaricos (Mazaricos, Camariñas, Carnota, Dumbría, Vimianzo, Muxía e Zas).
- AGACA organiza a actividade co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Rede Eusumo.
En Galicia, existen 2.835 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC), que controlan preto de 650.000 hectáreas forestais, tradicionalmente destinadas á produción madeireira e á instalación de parques eólicos, dúas das principais actividades xestionadas polas CMVMC.
A Xornada, orientada a persoas especializadas na xestión destas superficies, pretende visualizar vías complementarias, aínda infravaloradas, de impulso da rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativizada.
Ademais de expoñer aspectos administrativos e lexislativos que afectan ás comunidades de montes, os relatorios amosarán exemplos concretos de aproveitamento beneficioso dos terreos forestais en man común; entre eles, explotación de resina e produción de castaña e oliva.
A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e o Plan de Formación e Divulgación da Potencialidade do Cooperativismo.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse de modo gratuíto chamando ao 981 58 47 83 ou completando este formulario
Pode consultar o programa completo en Documentación 1.