- O Centro da Rede Eusumo Fundación Terra de Trasancos (Narón) acolleu esta mañá a estudantes do IES Monte Neme (Carballo).
- Participaron nun obradoiro organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.
AGACA e Rede Eusumo promoven os obradoiros “Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, que esta semana recalan na Fundación Terra de Trasancos (Narón).
Un grupo de estudantes de Formación Profesional do instituto carballés Monte Neme asistiron à charla na Fundación Fundación Terra de Trasancos para coñecer como desenvolve a súa actividade baixo o modelo da economía social.O alumnado percorreu as instalacións, que contan con invernadoiros, supermercado e perruquería,e entre outros servizos ás persoas socias.
A iniciativa busca mostrar as vantaxes do cooperativismo e a economía social como modelos de negocio que poden desenvolverse con éxito en el medio rural y en multitude de sectores produtivos e de servizos.
Rede Eusumo
Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.