Que a nosa cooperativa estea dixitalizada ao máximo é imprescindible se queremos ser eficientes e competitivos, sobre todo despois do salto tecnolóxico vivido tras a pandemia. Afortunadamente, as Administracións son conscientes desta necesidade e activaron axudas de interese. Co fin de optimizar os recursos públicos dispoñibles e orientar ás cooperativas no mellor xeito de aproveitar as axudas, dende AGACA lanzamos un Plan encamiñado á Información, Diagnóstico e Asesoramento das pemes agroalimentarias galegas. É clave primeiro detectar as necesidades específicas de cada entidade porque non todas son iguais; despois, orientar os posibles investimentos cara ás opcións máis interesantes.
Publicado en Cooperación Galega Nº 158. Páx 18.
A través desta iniciativa realizaremos unha análise detallada para detectar: o nivel de presenza en Internet e a situación da web, ou posible web, da cooperativa; o nivel do comercio electrónico da entidade; a xestión das redes sociais da cooperativa e posibles opcións; a xestión de clientes e/ou provedores; o chamado Business Intelligence; a analítica que nos orientará sobre as posibilidades de negocio por Internet; os servizos e as ferramentas de oficina virtual; a xestión de procesos; a factura electrónica e os sistemas a implantar para ter comunicacións seguras e cifradas.
Web, redes sociais, comercio electrónico, xestión de clientes, analíticas, oficina virtual, xestión de procesos, factura electrónica ou ciberseguridade son algúns dos aspectos que se valorarán.
Os traballos de asesoramento son gratuítos ata cubrir a cota prevista e atenderanse segundo orde de chegada.
Dedicaremos especial atención as axudas do Kit Dixital e o Paquete de Dixitalización: dúas iniciativas postas en marcha polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), co fin de subvencionar a implantación de solucións dixitais nas pequenas empresas e persoas autónomas do sector agroalimentario para que poidan poñerse ao día en materia de dixitalización e impulsar a transición dixital do sector.
O Kit Dixital concede axudas de ata 12.000€ (a entidades con cadros de persoal entre 10 e 49 persoas) ou ata 6.000€, se contan entre 3 e 9 profesionais.
Esta actuación finánciase a través do Programa de Asistencia Técnica 2022 enmarcado dentro das actuacións do Convenio MAPA-Cooperativas Agro-alimentarias de España.
Entidades interesadas:
✆ 981 584 911
✉ mail estudos5.agaca@gmail.com