— Xornada formativa sobre oportunidades de negocio: xestión de parques de maquinaria.

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • https://us06web.zoom...
  • 12/07/2024
  • 12/07/2024
  • 5
  • teleformación
  • O 12 de xullo retomamos o ciclo de Jornadas formativas sobre oportunidades de negocio, cunha sesión dedicada á xestión de parques de maquinaria.
  • Terá lugar online e a inscrición é gratuíta.
  • Para inscribirse, é necesario completar este formulario.

O 12 de julio terá lugar unha xornada online dedicada á xestión de parques de maquinaria, de 09:30 a 14:30 horas. É a décima destas xornadas dedicadas a dar a coñecer sectores que poden supor unha oportunidade de negocio no medio rural.

Contaremos con relatorios de representantes de diferentes CUMA, así como con especialistas en drons, sistemas operativos de xestión de maquinaria e un representante da Xunta de Galicia que detallará axudas públicas neste eido.

Programa previsto

09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada. Higinio Mougán. Director-gerente de AGACA.

09:40 – A complexidade de xestionar ben a maquinaria agrícola: novos/vellos retos . Santiago Sousa. Maquinaria Durán e experto en xestión de maquinaria agrícola.

10:30 – As claves de xestión dunha CUMA. José Pérez. Xestión da CUMA Vilaxuste.

11:00 – O uso de drons para a loita contra o verme gris. David Blanco. Niufly.

11:30 – Breve descanso.

11:45 – Mesa redonda: Problemática actual das CUMA e os parques de maquinaria.
Enrique Otero. AIRA.
Ángel Miranda. CLUN.
José M. Rodríguez. CUMA GRANXABAR.

Modera: Higinio Mougán.

13:00 – Sistema AGROLISTIK para xestión global de maquinaria agrícola. Sergio Poza. Agrolink.

13:30 – Axudas actuais e futuras á maquinaria agrícola. Nicasio Mejuto. Subdirector Xeral de Axudas Estruturais. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia.

14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura. Higinio Mougán.

14:30 – Fin da Xornada.

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Os obxectivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.

As jornadas, de libre acceso previa inscripción, son de especial interés para personas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquellas vinculadas con la economía social.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

 

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter