— Teleformación: Certificacións de calidade e Medioambientais.

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 01/02/2024
  • 17/03/2024
  • 70
  • teleformación
  • Doc. 1
    • O curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade y medioambientais”, que se pode seguir online, comeza o 1 de febreiro e remata o 17 de marzo.
    • A inscrición pode realizarse nesta ligazón.

    A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) continúa o seu labor formativo, a distancia e gratuíto, relacionado coa calidade alimentaria, a preservación do medio ambiente e a divulgación do papel do cooperativismo.

    A 1ª edición do curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais” pode seguirse a través dunha plataforma de teleformación que permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en calquera momento. O número de prazas é limitado, polo que cómpre incribirse completando este formulario.

    O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas, que deben ser cursadas entre o 1 de febreiro e o 17 de marzo de 2024.

  • PROGRAMA:

    UnidadeDenominaciónNº HorasMódulos
    ICooperativismo no sector primario10 hs1.      As cooperativas
    2.       Marco legal do cooperativismo
    IICertificacións de calidade40 hs3.       ISO 9001
    4.       Certificacións en vacún de leite
    5.       GLOBALG.A.P.
    6.       BRC/IFS
    7.       ISO 22000
    IIICertificacións ambientais20 hs8.       ISO 14000 (14063, 14067…)
    9.       Análise de ciclo de vida
    10.     Pegada de carbono
    11.     Pegada hídrica

    Pode solicitar máis información a Demetrio Bedriñana: dbedrinana@agaca.coop.

    Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

     

    Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter