— Oportunidade de negocio: produción de castaña.

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 21/03/2024
  • 21/03/2024
  • 5
  • teleformación
  • O 21 de marzo continúa o ciclo de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, cunha sesión dedicada á produción de castaña.
  • Celébrase online e a inscrición es gratuíta.
  • Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 21 de marzo terá lugar unha xornada online dedicada á produción de castaña, de 09:30 a 14:30 horas.

As intervencións da jornada correrán a cargo de cooperativas con experiencia na produción e comercialización de castaña e de centros de investigación en selección de clons e control de pragas. Ademais, mostraranse tendencias en produción de castaña, a realidade dos soutos e axudas e apoios públicos ao sector.

Programa

09:30 – Conexión e benvida a participantes.
Higinio Mougán. Director-gerente de AGACA.

09:45 – Produción de castaña en Galicia, historia e tendencias.
Jesús Quintá. Presidente IXP Castaña de Galicia.

10:10 – Variedades de castaña e selección de clons en Galicia.
María Eugenia Miranda. Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

10:40 – Aspectos técnicos clave en produción e comercialización de castaña.
Manuel López. Secretaría Técnica IXP Castaña de Galicia.

11:40 – Breve descanso.

11:50 – Manexo de pragas e enfermidades do castiñeiro.
Pedro Mansilla. Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

12:30 – Servizos do Centro Agroforestal do Inorde para cultivo de castaña.
Javier Payo. Centro Agroforestal do Inorde – Riós.

12:50 – A experiencia de produción e comercialización da castaña en Galicia.
Lito Prado. Amarelante S. Coop. Galega.

13:10 – Comercialización da castaña en Aira S. Coop. Galega e A Carqueixa S. Coop. Galega
Xosé Ansoar. Director comercial de Aira.
Román Sánchez. Xerente de A Carqueixa.

13:40 – Realidade dos soutos en Galicia.
Guillermo Martínez. Xerencia Casa Grande de Xanceda.

14:00 – Axudas e apoios á producción de castaña.
Ermitas Lamelas. Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

14:20 – Comentarios finais e clausura da xornada.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.

14:30 – Fin daa xornada.

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Os obxectivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.

As jornadas, de libre acceso previa inscrición, son de especial interese para persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter