[row][third_paragraph] [/third_paragraph][paragraph_right]
Obradoiro de emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio
- Está orientado a impulsar a creación de emprego estable no medio rural dende a fórmula empresarial cooperativa. Calquera persoa interesada en recibir apoio e formación para constituír un negocio deste tipo pode matricularse.
- A inscripción gratuíta pode realizarse a través do correo electrónico agaca@carlosc168.sg-host.com, ou dos teléfonos 981 584 783 / 981 584 911.
[/paragraph_right][/row]
O ”Obradoiro de emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio” abordará en profundidade os factores imprescindibles para a creación dun negocio cooperativo, durante sete sesións entre o 21 e o 30 de abril, cun formato que fomenta o intercambio de ideas e a cooperación entre participantes.
O equipo docente está integrado por técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, que formarán sobre generación e maduración de ideas, márketing, distintas axudas públicas vixentes e incluso a elaboración dun Plan de Empresa. Para ilustrar a formación teórica e motivar aos asistentes, mostraránse casos reais de iniciativas empresariais de éxito no ámbito rural.
Esta acción formativa desenvólvese no marco da Rede Eusumo, unh iniciativa de intercooperación impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar para fomentar o espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, no territorio de actuación.
[row][double_paragraph][/double_paragraph][double_paragraph][list][item icon=”🌎” ]Lugar: Cámara de Comercio de Vigo (c/República Argentina, nº 18 – Vigo)[/item][item icon=”📅” ]Data e horario: 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de abril de 2015 de 10:00 a 13:00 h[/item][item icon=”📞” ]Teléfono: 981 584 783 / 981 584 911[/item][item icon=”✉” ]Mail: agaca@carlosc168.sg-host.com [/item][item icon=”” ]Web: www.carlosc168.sg-host.com[/item][/list] [/double_paragraph] [/row]