— O liño en Galicia: da recuperación da semente á cadea de valor téxil

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 26/11/2026
  • 26/11/2026
  • 5
  • distancia
  • O 26 de novembro terá lugar a Xornada “O liño en Galicia: da recuperación da semente á cadea de valor téxil”.
  • A inscrición é gratuíta, aberta ata completar as prazas dispoñibles.  Para inscribirse é necesario completar este formulario.  

Galicia foi durante séculos un referente europeo na produción de liño, un cultivo que case desapareceu ao longo do século XX, ata quedar reducido a usos artesanais; actualmente, España é a maior importadora europea de tea de liño e Galicia concentra o 65 % desas importacións.

Esta xornada percorre a súa cadea de valor —semente, cultivo, transformación, mercado e modelo cooperativo—  e dá a coñecer iniciativas galegas a prol do liño, como estudos en marcha e principais resultados, para permitir valoralo como oportunidade de negocio para cooperativas e persoas agricultoras.

É de especial interese para persoas socias de cooperativas e entidades de economía social, así como para produtores e produtoras do sector agrario ou persoal técnico destas entidades, investigadores/as, estudantes e público interesado no liño e no sector téxtil.

Programa previsto

09:30 h Presentación e obxectivos da xornada
Carlos Ares. Director-xerente AGACA

09:45 h Patrimonio e artesanía: o liño na cultura galega e o valor diferencial dun liño con orixe
Carmen Riveiro. Fundación Artesanía de Galicia

10:15 h A Iniciativa Galega polo Liño: orixe, socios, orzamento, folla de ruta 2026-2028 e estudos previstos
Martín Alemparte. Axencia Galega da Calidade Alimentaria – AGACAL

10:45 h Material vexetal de liño para Galicia: primeiros resultados agronómicos e próximos pasos
Gabriela Quiroga. Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo – CIAM

11:15 h O cultivo na práctica: experiencia de campo desde 2020 (solo, sementeira, rotación, sanidade e rendementos observados)
Pilar Castro. CFEA de Guísamo

12:00 h Descanso

12:30 h Colleita e primeira transformación: arrinca, enriado, gramado e espadelado, maquinaria necesaria 
Lourdes Otero e Míriam Fernández. Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Ínsua

13:15 h Mercado e demanda téxtil: importacións, prezos, requisitos de calidade da fibra, validación industrial e certificacións
Antonio Roade. Director da Fundación Adolfo Domínguez

14:00 h Mesa participativa: resolución de dúbidas
Público e particpantes. Modera: AGACA

14:20 h Conclusións e clausura
AGACA

A inscrición permanecerá aberta ata completar as prazas dispoñibles.

Formulario de inscrición

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

  • Facebook
  • Twitter