— Do 9 ao 13 de marzo: Obradoiro «Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais» – Celas – CULLEREDO

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • Casa Reitoral de Celas, Lugar de Celas s/n - Culleredo
  • 09/03/2020
  • 13/03/2020
  • 15
  • presencial
Inscribirse

O obradoiro “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñas” está orientado a persoas especializadas coa xestión destas superficies. Durante 5 días, pretende mostrar vías de impulso da rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativizada.

Terá lugar na Casa Reitoral de Celas, no Lugar de Celas s/n – Culleredo.

Esta actividade se enmárcas no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo ea economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Para realizar a inscrición previa, de carácter gratuíto, pode chamar ao 981 58 47 83, enviar un e-mail a agaca@carlosc168.sg-host.com ou cubrir o formulario premendo o botón “Inscribirse”, á esquerda.

  • 1ª Sesión: Luns 9 de marzo, de 16:00h a 19:00 h.

Iniciativas innovadoras no edio rural na valorización dos ontes veciáis en man común:

— “O Dourado Verde”: a resinación de piñeierais.

— O cultivo de olivas nos montes comunais.

— A eficiencia enerxética

— Crianza e comercialización de porco celta

— O cultivo da castaña.

RELATOR: Higinio Mougán, director-xerente de AGACA.

  • 2ª Sesión: Martes 10 de marzo, de 16:00 h. a 19:00 h.

Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes:

— Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos.

— Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías.

— Libros das comunidades: censo, actas e contas.

— Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes.

— Estatutos e normas internas. Réxime electoral.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

  • 3ª Sesión: Mércores 11 de marzo, de 16:00 h. a 19:00 h.

Fiscalidade das comunidades de montes:

— Bonificacións fiscais das comunidades de montes.

— Exención de IBI do monte veciñal en man común.

— Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas.

— Tributación no Imposto sobre Sociedades.

— Catastro: procedementos de alteración e regularización.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

  • 4ª Sesión: Xoves 12 de marzo, de 16:00 h. a 19:00 h.

Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común:

— Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación.

— Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflictos con outras comunidades e con particulares.

— Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes.

— Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos etc.

— Plans e instrumentos de ordenación

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

  • 5ª Sesión: Venres 13 de marzo, de 16:00 h. a 19:00 h.

Instrumentos de ordenación ou xestión forestal. O artigo 77 da Lei 77/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar. O prazo remata en 2020.

— Proxecto de ordenación forestal.

— Documento compartido de xestión forestal.

— Documento simple de xestión forestal.

— Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos.

— Tramitación dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

— Axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes ordenados.

RELATOR: Consellería do Medio Rural.

2018_logos_eusumo

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo