- O 30 de xuño terá lugar a xornada online Dixitalización dos procesos de xestión cooperativa.
- A participación é gratuíta, pero é necesario inscribirse cubrindo o formulario de inscrición.
A xornada Dixitalización dos procesos de xestión cooperativa busca dar a coñecer as tipoloxías de dixitalización relevantes para as cooperativas, describindo a súa utilidade e potenciais beneficios. Así, presentarase unha lista de servizos que poden recibir en relación coa dixitalización e implementación de tecnoloxías avanzadas a través dos DIH, polo que se presentarán tanto casos de éxito de implantacións reais como algunhas ferramentas comerciais dispoñibles.
A xornada pode ser de especial interese para equipos directivos das cooperativas agroalimentarias (consellos reitores, dirección, xerencia) e persoal técnico, así como para mulleres e persoas mozas socias destas entidades.
PROGRAMA PREVISTO
09:30 – Presentación da xornada
Carlos Ares. Director-xerente de AGACA
09:45 h – Tecnoloxía e competitividade: mapa xeral de tecnoloxías
10:30 h – Tecnoloxías para a toma de decisións: datos internos e externos
11:30 h – Descanso
11:45 h – Automatización de procesos e intelixencia artificial
12:45 h – Outras tecnoloxías de aplicación no sector. Coloquio
Relatorios a cargo de: Gonzalo Abuín. Socio fundador e CEO en Perfect Numbers
13:45 h – Implantación do Caderno de Campo Dixital Cooperativo. C3 – SIGCEX
Relator: Demetrio Bedriñana. Técnico de AGACA
14:30 h – Fin da xornada
Esta actividade enmárcase no programa da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()




