— Digitalización de los servicios técnicos de las cooperativas. Datos, clima, fertilización y cuaderno digital

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 19/11/2026
  • 19/11/2026
  • 5
  • teleformación
  • O 19 de novembro terá lugar a Xornada “Dixitalización dos servizos técnicos das cooperativas. Datos, clima, fertilización e caderno dixital”.
  • A inscrición é gratuíta, aberta ata completar as prazas dispoñibles.  Para inscribirse é necesario completar este formulario.  

A xornada reúne os servizos técnicos e as xerencias das cooperativas agroalimentarias galegas para analizar como a dixitalización e o uso de datos poden axudarlles a afrontar un período de cambios técnicos e normativos: os novos requirimentos da PAC e do rexistro de explotacións, a fertilización sustentable e a obrigatoriedade do caderno dixital de explotación a partir do 1 de xaneiro de 2027.

O programa combina a visión de DATAlife, hub galego de innovación dixital especializado en intelixencia artificial e big data para o sector primario, coa de Cooperativas Agro-alimentarias de España e a Consellería do Medio Rural, a experiencia directa de empresas e cooperativas galegas e unha sesión práctica sobre o Caderno de Campo Cooperativo C3 con Hispatec. O obxectivo é que cada cooperativa saia cunha idea clara de que datos necesita xestionar, que lle demandan hoxe os seus socios, como organizar o seu servizo técnico e que apoios ten para dar o paso dixital.

É de especial interese para persoal técnico e xerencias de cooperativas, equipos asesores de explotacións e persoas socias interesadas na dixitalización.

Programa

09:30 h Presentación. Obxectivos da xornada e situación da implantación do C3 en Galicia.
Carlos Ares. Director-xerente AGACA

09:45 h Do dato ao asesoramento: ferramentas dixitais para os servizos técnicos do sector agroalimentario. Intelixencia artificial, big data e internet das cousas aplicados ao asesoramento. Servizos de DATAlife para acompañar a transformación dixital das cooperativas.
Carlos Castro. DATAlife – Hub de Innovación Dixital para as Ciencias da Vida de Galicia

10:30 h Folla de ruta agraria 2026-2028: novas necesidades das persoas socias e esixencias regulamentarias. O papel proactivo dos servizos técnicos fronte ao caderno dixital, o REA e os novos requirimentos da PAC
Pablo Fernández (Cooperativas Agro-alimentarias de España)

11:15 h Mesa redonda – Servizos técnicos en cooperativas galegas: que demandan hoxe as persoas socias.
José Estévez. Viña Almirante, S. Coop. Galega
Marta Magalhaes. Aceites Abril
Pablo Condo. Horsal, S. Coop. Galega

12:00 h Descanso

12:15 h Cadros de mando de fertilización: a ferramenta definitiva para o asesor técnico. Xestión eficiente de xurros e estercos e cumprimento do marco normativo de nitratos 
Rossana Tornel (Cooperativas Agro-alimentarias de España)

13:00 h O C3 na práctica: cuestións operativas. Importación do REA, cultivos, recomendacións, ordes de traballo, fertilización e envío ao SIEX. Dúbidas frecuentes das cooperativas galegas
Rafael Fortes. Hispatec

13:50 h Coloquio final: prioridades dos servizos técnicos para 2027
Todos os relatores e relatoras.
Modera: AGACA

14:20 h Clausura da xornada
AGACA

Formulario de inscrición

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

  • Facebook
  • Twitter