— Del 06/03/ al 17/04/2023: “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais”

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 06/03/2023
  • 17/04/2023
  • 70
  • teleformación
  • O curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais”, que se pode seguir online, comenza o 6 de marzo e conclúe o 17 de abril.
  • A inscrición pode realizarse nesta ligazón.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) continúa o seu labor de formación, a distancia e gratuíta, relacionada coa calidade alimentaria, a preservación do medio ambiente e  a divulgación do papel do cooperativismo.

A duodécima edición do curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais”, que se pode seguir a través dunha plataforma de teleformación, permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en calquera momento. O número de prazas é limitado, polo que é necesario incribirse completando un formulario nesta ligazón.

Terá lugar entre o 6 de marzo e o 17 de abril.

O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas.

PROGRAMA:

UnidadeDenominaciónNº HorasMódulos
ICooperativismo no sector primario10 hs1.      As cooperativas
2.       Marco legal do cooperativismo
IICertificacións de calidade40 hs3.       ISO 9001
4.       Certificacións en vacún de leite
5.       GLOBALG.A.P.
6.       BRC/IFS
7.       ISO 22000
IIICertificacións ambientais20 hs8.       ISO 14000 (14063, 14067…)
9.       Análise de ciclo de vida
10.     Pegada de carbono
11.     Pegada hídrica

Pode solicitar máis información a Demetrio Bedriñana: estudos5.agaca@gmail.com.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter