- O 29 de outubro terá lugar a Xornada “Avances na modificación da nova Lei de Cooperativas de Galicia”.
- A inscrición é gratuíta. Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O marco legal do cooperativismo galego atópase en revisión. A Xunta de Galicia traballa nunha nova lei de cooperativas que renovará a regulación vixente, articulada ao redor da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, en liña coas reformas que se están producindo noutras comunidades autónomas e no ámbito estatal. Para as cooperativas agroalimentarias non se trata dun cambio meramente formal: da norma dependen cuestións tan determinantes como o réxime das persoas socias, a composición e o funcionamento dos órganos de goberno, o réxime económico ou a regulación específica de cada clase de cooperativa.
Neste contexto, a xornada ten como principais obxectivos, dunha banda, dar a coñecer e analizar os cambios que se propoñen nos órganos de goberno das cooperativas e as súas implicacións, así coma os novos enfoques económicos e a súa incidencia no financiamento, a capitalización e a relación económica coas persoas socias; doutra banda, examinar novidades previstas para cooperativas agrarias, con con atención ás de explotación comunitaria da terra, ás de aproveitamento de terreos agroforestais de xestión conxunta e ás de segundo grao, e, finalmente, recoller a percepción das cooperativas sobre a reforma e abrir un espazo de debate que axude a anticipar a adaptación de estatutos e de funcionamento interno ao novo marco legal.
Programa
09:30 h Presentación
Carlos Ares. Director-xerente AGACA
09:45 h Aspectos xerais da sociedade cooperativa: propostas e avances
Miguel Viteri. Asesor xurídico AGACA
10:45 h Órganos de goberno: propostas e avances
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia e Consello Reitor AGACA
11:30 h Descanso
11:50 h Avances no réxime económico nas cooperativas
Miguel Viteri. Asesor xurídico AGACA
12:40 h Cooperativas agrarias:
- Cooperativas de explotación comunitaria da terra
- Cooperativas de aproveitamento de terreos agroforestais de xestión conxunta
- Cooperativas de segundo grao
- Cooperativas de consumo
Miguel Viteri. Asesor xurídico AGACA
13:40 h Mesa redonda: percepción desde as cooperativas sobre os avances na modificación da lexislación coa nova Lei de Cooperativass
Javier Bobillo. Secretario Consejo Rector Coren S. Coop. Galega
Carlos Carrión. Presidente Vitivinícola Arousana S. Coop. Galega
Jorge Cortizo. Xerente Horsal S. Coop. Galega
Modera: AGACA
14:10 Rolda de preguntas e comentarios
14:25 Clausura da xornada
A xornada, de acceso libre previa inscripción (en este formulario), é de especial interese para integrantes de consellos reitores, dirección e xerencia de cooperativas agroalimentarias, así coma para persoas socias, persoal técnico e asesor vinculado á xestión xurídica, societaria e económica destas.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.


