- AGACA imparte o curso “Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel Básico” en modalidade teleformación entre o 11 de novembro e o 4 de decembro de 2026.
- Para inscribirse hai que cubrir este formulario. A data límite é o 30 de outubro.
A formación para obter o carné de Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel Básico está homologada pola Consellería do Medio Rural e é imprescindible para quen necesite aplicar este tipo de produtos na súa actividade profesional.
| Duración total do curso | Impartido en | Non subvencionada |
|
|
|
A teleformación impártese mediante unha plataforma online accesible en calquera momento dende o 11/11/2026 ata o 04/12/2026, polo que o alumnado pode avanzar nos contidos ao seu ritmo e no horario que mellor lle conveña.
Ademais, as dúas xornadas presenciais (o 14 e o 21 de novembro) impártense en Melide, na Aula de Formación de CLUN S. Coop. Galega situado en rúa Codeseira, nº 38 – 40.
| CONTIDOS (Anexo IV do Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro de 2012) | DURACIÓN TEORÍA* | DURACIÓN PRÁCTICAS EN AULA** | DURACIÓN PRÁCTICAS EN CAMPO** |
| Módulo 1 Pragas dos cultivos: clasificación e descrición. | 2 h | ||
| Módulo 2 Produtos fitosanitarios: clasificación e descrición. Importancia e contido das etiquetas e das fichas de datos de seguridade: Clasificación e etiquetaxe. Pictogramas, palabras de advertencia, frases de risco ou indicacións de perigo, consellos de prudencia, síntomas de intoxicación e recomendacións para o usuario. Casos prácticos. | 1 h | 1 h | |
| Módulo 3 Riscos derivados da utilización de produtos fitosanitarios para o medio ambiente. Medidas para reducir os devanditos riscos, incluíndo medidas de emerxencia en caso de contaminacións accidentais. Boas prácticas ambientais en relación á preservación dos recursos naturais, biodiversidade, flora e fauna. Protección e medidas especiais establecidas na Directiva Marco da auga (Directiva 2000/60/CE). Eliminación de envases baleiros. Casos prácticos. | 1 h | 1 h | |
| Módulo 4 Perigo dos produtos fitosanitarios para a saúde das persoas: Riscos para o consumidor por residuos de produtos fitosanitarios. Maneira de evitalos e medidas de emerxencia en caso de contaminacións accidentais. Concepto de seguridade alimentaria. Riscos para a poboación en xeral. Riscos para o aplicador: Intoxicacións e outros efectos sobre a saúde. Prácticas de primeiros auxilios. Estruturas de vixilancia sanitaria e dispoñibilidade de acceso para informar sobre calquera incidente ou sospeita de incidente. | 1 h | 1 h | |
| Módulo 5 Medidas para reducir os riscos sobre a saúde: Niveis de exposición do operario. Posibles riscos derivados de realizar mesturas de produtos. Medidas preventivas e de protección do aplicador. Equipos de protección individual. | 1,5 h | ||
| Módulo 6 Prácticas de identificación e utilización de EPIs. | 1 h | ||
| Módulo 7 Secuencia correcta durante o transporte, almacenamento e manipulación dos produtos fitosanitarios. | 1 h | ||
| Módulo 8 Métodos de control de pragas, incluíndo os métodos alternativos. Tratamentos fitosanitarios. Preparación, mestura e aplicación. | 2 h | 1 h | |
| Módulo 9 Métodos de aplicación de produtos fitosanitarios. Factores a ter en conta para unha aplicación eficiente e correcta. | 1 h | 1 h | |
| Módulo10 Equipos de aplicación: descrición e funcionamento. | 2 h | ||
| Módulo11 Limpeza, mantemento e inspeccións periódicas dos equipos. | 1 h | ||
| Módulo 12 Practicas de aplicación de tratamento fitosanitario. | 3 h | ||
| Módulo 13 Relación traballo-saúde: normativa sobre prevención de riscos laborais. | 1,5 h | ||
| Módulo14 Métodos para identificar os produtos fitosanitarios ilegais e riscos asociados ao seu uso. Infraccións, sancións e delitos. | 1 h |
O prazo de inscrición remata o 30 de outubro:
Para máis información:
📞 Berta Pérez – 611 020 719 – berta.agaca@gmail.com
📞 Loli Couso – 609 070 135 – loli@agaca.coop


