— Curso: A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais.

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo.
  • dbedrinana@agaca.coop
  • 02/01/2025
  • 16/02/2025
  • 70
  • teleformación
    • O 2 de xaneiro de 2025 comeza o curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais”, que se pode seguir online. Conclúe o 16 de febreiro de 2025.
    • A inscrición pode realizarse nesta ligazón.

    A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) continúa o seu labor formativo, a distancia e gratuíto, relacionado coa calidade alimentaria, a preservación do medio ambiente e a divulgación do rol do cooperativismo.

    A 1ª edición do curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais” pode seguirse a través dunha plataforma de teleformación que permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en cualquera momento.O número de prazas é limitado, polo que cómpre inscribirse completando este formulario.

    O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas, que deben ser cursadas entre o 2 de xaneiro e o 16 de febreiro de 2025.

    PROGRAMA:

    UnidadDenominaciónNº HorasMódulos
    ICooperativismo no sector primario10 horas1.      As cooperativas
    2.       Marco legal do cooperativismo
    IICertificacións de calidade40 horas3.       ISO 9001
    4.       Certificacións en vacún de leite
    5.       GLOBALG.A.P.
    6.       BRC/IFS
    7.       ISO 22000
    IIICertificacións ambientais20 horas8.       ISO 14000 (14063, 14067…)
    9.       Análise de ciclo de vida
    10.     Análise de carbono
    11.     Pegada hídrica

    Pode solicitar más información a Demetrio Bedriñana: dbedrinana@agaca.coop.

    Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

     

    Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter