— Certificacións de calidade e medioambientais (3ª edición).

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 03/06/2024
  • 14/07/2024
  • 70
  • teleformación
    • O 3 de xuño comeza o curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais”, que se pode seguir online. Conclúe o 14 de xullo.
    • A inscrición pode realizarse nesta ligazón.

    A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) continúa o seu labor formativo, a distancia e gratuíto, relacionado coa calidade alimentaria, a preservación do medio ambiente e a divulgación do rol do cooperativismo.

    A 3ª edición do curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais” pode seguirse a través dunha plataforma de teleformación que permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en cualquera momento.O número de prazas é limitado, polo que cómpre inscribirse completando este formulario.

    O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas, que deben ser cursadas entre o 3 de xuño e o 14 de xullo de 2024.

    PROGRAMA:

    Unidad Denominación Nº Horas Módulos
    I Cooperativismo no sector primario 10 horas 1.      As cooperativas
    2.       Marco legal do cooperativismo
    II Certificacións de calidade 40 horas 3.       ISO 9001
    4.       Certificacións en vacún de leite
    5.       GLOBALG.A.P.
    6.       BRC/IFS
    7.       ISO 22000
    III Certificacións ambientais 20 horas 8.       ISO 14000 (14063, 14067…)
    9.       Análise de ciclo de vida
    10.     Análise de carbono
    11.     Pegada hídrica

    Pode solicitar más información a Demetrio Bedriñana: dbedrinana@agaca.coop.

    Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

     

    Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter