- Apicultura
— Información: A Cooperativa Erica Mel naceu no ano 1990 pola iniciativa dun pequeno grupo de apicultores integrados na Asociación Galega de Apicultura que, convencidos da calidade dos seus produtos apícolas, buscaron xuntos a mellor vía para facelos chegar ao consumidor. Está integrada por máis de 350 socios que dan emprego a seis persoas e vende os seus produtos en toda Galicia e España.