- Vitivinícola
— Información: Cooperativa Vitivinícola Arousana, máis coñecida por Paco & Lola, foi fundada en 2005 por iniciativa dun grupo de viticultores e produtores de viño da comarca do Salnés (Pontevedra). Por número de persoas socias, actualmente é unha das maiores da D. O. Rías Baixas.
Conta con 220 hectáreas de viñedo propio -principalmente albariño- repartidas en máis de 2000 parcelas e dende os seus inicios apostou por unha produción sustentable, levando a cabo unha xestión integrada do cultivo da vide, e dende 2010 intégrase no innovador Proxecto Life “Viñas Atlánticas” (Life + Atlantic Vineyards), que implica a minimización do uso de produtos químicos.